AJA

  • início
  • a associação
    • quem somos
    • núcleos
    • centro de documentação
    • escolas
    • exposições
    • encontros
    • donativos
  • josé afonso
    • biografia
    • cronologia
    • discografia
    • letras
    • bibliografia
    • multimédia
    • versões
  • blogue
  • loja
    • livros
    • discos
    • revistas
    • outros
    • ver tudo
  • contactos
  • 100 Anos de José Afonso

Type [To] Search

AJA

  • início
  • a associação
    • quem somos
    • núcleos
    • centro de documentação
    • escolas
    • exposições
    • encontros
    • donativos
  • josé afonso
    • biografia
    • cronologia
    • discografia
    • letras
    • bibliografia
    • multimédia
    • versões
  • blogue
  • loja
    • livros
    • discos
    • revistas
    • outros
    • ver tudo
  • contactos
  • 100 Anos de José Afonso
  • início
  • a associação
    • quem somos
    • núcleos
    • centro de documentação
    • escolas
    • exposições
    • encontros
    • donativos
  • josé afonso
    • biografia
    • cronologia
    • discografia
    • letras
    • bibliografia
    • multimédia
    • versões
  • blogue
  • loja
    • livros
    • discos
    • revistas
    • outros
    • ver tudo
  • contactos
  • 100 Anos de José Afonso

AJA

Type [To] Search

AJA

  • início
  • a associação
    • quem somos
    • núcleos
    • centro de documentação
    • escolas
    • exposições
    • encontros
    • donativos
  • josé afonso
    • biografia
    • cronologia
    • discografia
    • letras
    • bibliografia
    • multimédia
    • versões
  • blogue
  • loja
    • livros
    • discos
    • revistas
    • outros
    • ver tudo
  • contactos
  • 100 Anos de José Afonso
Unha rúa para Zeca Afonso
Home Archive by Category "Unha rúa para Zeca Afonso"

Category: Unha rúa para Zeca Afonso

GalizaUnha rúa para Zeca Afonso
23/06/2006By AJA

UNHA RÚA PARA ZECA AFONSO

2.922 SINATURAS

Logo dunha minuciosa revisión e peinado das sinaturas, o total, salvo erro, é este: 2.922

E agora quedan os outros pasos,dos que vos iremos informando puntualmente e aqueles, en Portugal ou España, vaian tomando iniciativas similares saben que non teñen máis que dicilo e nos faremos eco delo por tódolos medios ó noso alcance.

Pensábamos concluí-lo envío de comentarios, pero hai un, particularmente singular que se resiste a quedar no listado. Aí vai:

Nome: Francisco Fernandes
Concello: Braga(Minho)/Portugal
Profesión: Contabilista

Comentarios:

Mais uma formiguinha para que o carreiro se torne uma rua.

READ MORE
Unha rúa para Zeca Afonso
16/06/2006By AJA

UNHA RÚA PARA ZECA AFONSO – 3.021 SINATURAS

Foron, nada máis e nada menos que 3.021 as adhesións que chegaron nestas catro semanas ata nós a través de internet. Xentes de todo lugar e condición que transmitiron o seu apoio inequívoco a JOSÉ AFONSO e todo o que el signicou e segue a significar.
Agora queda un primeiro traballo de “peinado” (para eliminar duplicidades, que as hai) e a continuación queremos facer varias cousas:
– Por unha banda, e como primeiro paso, levarlle o “dossier” ó Alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo e facer patente e oficial a petición. Podemos adiantar que xa tivemos algún contacto informal con el e manifestou unha disposición óptima para a nosa petición. Tamén podemos indicar que entre os asinantes está o ex-alcalde, Xerardo Estévez.
– En segundo lugar lanzar a idea desde xa, contemplada en moitos comentarios, de que se tomen iniciativas similares en toda Galicia e fóra dela (Asturias, Extremadura, etc.) demostrando en vivo e en directo o carácter internacional e internacionalista – “por encima de tódalas fronteiras, por encima de muros e balados…” que dicía Celso Emilio – que a figura do Zeca representa.
– Ademais, e dado o enorme peso e contundencia das adhesións procedentes de Portugal, facer chegar ó Governo Portugués e ós Presidentes das Cámaras máis importantes do país e con máis relación con José Afonso este mesmo dossier.
– Ao mesmo tempo animamos ós irmáns portugueses que tomen iniciativas similares alí, seguro que máis de unha prosperará.
Incluímos, para rematar este ponto e seguido, que non final, estes comentarios:
Nome: Teresa Potugal
Concello: Coimbra Portugal
Profesión: DeputadaC
Comentarios:
Fomos grandes amigos. Estou emocionada.O meu marido, António Portugal acompanhou-o á guitarra.Parabéns á Galiza.
Nome: Lena Afonso
Concello: Leiria
Profesión: Educadora
Comentarios:
“Cidade, sem muros nem ameias…”Zeca, cidadão português, galego, do mundo, que cantou a “Grândola” em público pela primeira vez em Santiago, estará nalgum lado, algures na nossa imaginação, a alegrar-se muitíssimo com esta homenagem (e a dizer:”Ó pá, se possível ao pé da catedral!!!”).Um grande abraço, cheio de carinho aos seus companheiros, especialmente, claro, Benedicto e Arturo.
Nome: Vitor Parola
Concello: Coimbra
Profesión: Administ.Saúde
Comentarios:
O Zeca ficará para sempre na memória de várias gerações, até pq a algumas delas fez chegar como boa nova ” o sentimento das palavras Liberdade, Igualdade, Fraternidade e Justiça” que ele tanto defendia . A Galiza já está de parabéns, se não for por mais, pq teve a iniciativa e mostra que comunga estes ideais. Agora a responsabiliade fica nas mãos de quem decide. Os actos e as acções ficam nas mãos de quem os pratica. Um abraço Fraterno.

READ MORE
Unha rúa para Zeca Afonso
04/05/2006By AJA

Rua para Zeca Afonso

Podem assinar o “FORMULARIO DE ADHESIÓNS” em: http://www.ghastaspista.com/novas/ruazeca.php

READ MORE
Unha rúa para Zeca Afonso
03/05/2006By AJA

RÚA PARA JOSÉ AFONSO

Xa que andamos de nomes de rúas, estamos preparando un sistema informático para recoller desde o blog do editor deste semanario-e con toda comodidade as adhesións. Mentres, aqueles que queiran xa poden envia-la súa a este enderezo: polaesquerda@yahoo.es indicando no “Asunto” RÚA PARA O ZECA, para que non fagamos confusión aquí. Dentro, co voso nome chega (se queredes, tamén DNI e profesión e lugar de domicilio)
Nada contradí, faltaba máis! as outras iniciativas que poida haber ou que desde aquí tamén saíron, como a de JOSÉ VILLAR GRANJEL ou outras que poida haber.
Esta é a carta (que xa asinaron Uxía Senlle, Suso de Toro, Xesús Alonso Montero, Manolo Rivas, Xoán Guitián ou Benedicto García, estes últimos responsables de recolle-los apoios e “mobilizar” a quen fagha falta…
Estivemos vendo algunha das prazas que hai na zona do antigo “Burgo” e posiblemente pensemos en propoñer unha daquelas prazas tan acolledoras. ¿Que tal cunha peza de Acisclo que foi un dos que enchían a sáa do Ateneo de Ourense cando o Zeca deu o seu primeiro recital en Galicia, o 9 de maio de 1972? A quenon estaba nada mal?
Aquí tendes o texto da carta (que queremos vaia encabezada por Emilio Pérez Touriño, como Presidente da Xunta e amigo de José Afonso e Vicente Álvarez Areces, como Presidente do Principado de Asturias e amigo de José Afonso)

D. Xosé A. Sánchez Bugallo


Alcalde de Santiago de Compostela

Sr. Alcalde:

O pasado día 23 de febreiro cumpríronse 19 anos da morte en Setubal (Portugal) do artista portugués José Afonso. Músico, poeta e cantor, José Afonso acadou en tódalas súas actividades artísticas un nivel de calidade que o levou a ser considerado como unha das máis imprortantes figuras da música popular mundial.
José Afonso foi ademais un home solidario, un loitador incansable pola liberdade e un exemplo de compromiso cos máis desfavorecidos, mantendo ó longo da súa vida unha traxectoria éticamente exemplar.
José Afonso foi ademais un gran amigo de Galicia. Viaxou ó noso país en numerosas ocasións cantando en diversas cidades, entre elas Santiago, mantendo contactos con intelectuais e artistas e exercendo unha importante influencia na música galega. A súa presencia xenerosa en intres de enorme dificultade para o noso país foi unha lección de solidariedade que non podemos nin debemos esquecer. 
Estes motivos abondarían para que José Afonso fora merecedor de respecto e admiración por parte de tódolos galegos. Pero José Afonso escolleu ademais a cidade de Santiago para interpretar por vez primeira en público con carácter de estrea mundial a súa canción “Grândola, vila morena”, no recital celebrado no Burgo das Nacións na tarde do 10 de maio de 1972. Esa canción converteríase, sen el sabelo nin pretendelo, dous anos máis tarde no sinal e símbolo da Revolución do 25 de abril, que derrubou á dictadura e devolveu a liberdade ó pobo portugués nun dos acontecementos máis fermosos da historia contemporánea.
A canción “Grándola, vila morena” e a figura de José Afonso representan pois os mellores anceios de liberdade, igualdade e fraternidade que aniñan nos corazóns de tódolos demócratas, sentimentos que temos a obriga de promover e defender.

Por estes motivos, considerando que a nosa cidade ten unha débeda de gratitude con José Afonso, dirixímonos a Vde. para solicitar que promova as accións necesarias a fin de que o Concello de Santiago adopte o acordo de dar o nome de José Afonso a unha rúa ou praza da cidade.

Os promotores e asinantes desta proposta queremos expresar ó Sr. Alcalde e ó Concello de Santiago a nosa vontade de colaborar nesta iniciativa na medida das nosas posibilidades, poñéndonos á total disposición das autoridades municipais.

READ MORE
PESQUISA DE CATEGORIAS

CONSULTAR ARQUIVO

Newsletter

loader
Email*

Nome

Apelido

Centenário de José Afonso
AJA

O seu endereço de e-mail será usado apenas para enviar newsletters sobre as atividades da Associação José Afonso e/ou a iniciativa do Centenário de José Afonso. Pode sempre escolher deixar de receber estes e-mails clicando no link de unsubscribe na newsletter.

Copyright © 2021 Thepascal by WebGeniusLab. All Rights Reserved

BACK TO TOP