{"id":7796,"date":"2007-03-07T17:37:00","date_gmt":"2007-03-07T17:37:00","guid":{"rendered":"https:\/\/aja.pt\/wp\/?p=7796"},"modified":"2021-12-17T11:40:05","modified_gmt":"2021-12-17T11:40:05","slug":"hai-vinte-anos-que-se-foi-5iii07","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/aja.pt\/en\/hai-vinte-anos-que-se-foi-5iii07\/","title":{"rendered":"HAI VINTE ANOS QUE SE FOI 5\/III\/07"},"content":{"rendered":"<div align=\"justify\">Ve\u00f1o de ler na rede unha entrevista con Ant\u00f3nio dos Santos e Silva, que acaba de escribir un libro, que se advi\u00f1a imprescindible para o mundo \u201cafonsino\u201d e que se titula Zeca Afonso, antes do mito. Compa\u00f1eiro en Coimbra cando os dous eran estudantes, ach\u00e9ganos aspectos pouco co\u00f1ecidos do noso amigo, pero en todo coincidentes coa personalidade que tanto admiramos e queremos.<\/p>\n<p>Fala as\u00ed daquel home extraordinario como algu\u00e9n f\u00f3ra do mundo e adiantado \u00f3 seu tempo, perfectamente in\u00fatil para as cousas concretas. O Zeca era incapaz de fritir un ovo ou facer unha cama ou guiar un coche. Pero era un ser xeneroso en extremo e cun sentido do humor pouco ou nada habitual no seu pa\u00eds.<\/p>\n<p>Agora, cando se cumpren vinte anos da s\u00faa desaparici\u00f3n f\u00edsica, ch\u00e9ganme as fotos, tremendas, feitas por un ent\u00f3n xovenc\u00edsimo xornalista, Emanuel Valente, que dan fe do que foi a manifestaci\u00f3n popular de dolor, c\u00edvica e laica, con ducias de milleiros de persoas ateigando as r\u00faas de Set\u00fabal, cami\u00f1o do cemiterio.<\/p>\n<p>Al\u00ed estabamos, aquel 24 de febreiro do 87, levando a pesada caixa, cuberta por unha simple bandeira vermella, por desexo expreso da familia, os seus amigos cantores. Turn\u00e1monos al\u00ed, naquela dolorosa encomenda, S\u00e9rgio Godinho, Z\u00e9 M\u00e1rio Branco, Quico Pi de la Serra, Xico Fanhais, Luis Cilia e m\u00e1is eu, ademais doutros amigos, a quen abr\u00eda paso Manolo Bello, galego-portugu\u00e9s de Lisboa. Diante, a Banda de Gr\u00e2ndola tocando o seu himno, no medio dun profundo silencio.<\/p>\n<p>A s\u00faa obra e a s\u00faa presenza seguen vivos vinte anos despois<\/p>\n<p>Benedicto Garc\u00eda Villar<\/p><\/div>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Ve\u00f1o de ler na rede unha entrevista con Ant\u00f3nio dos Santos e Silva, que acaba de escribir un libro, que se advi\u00f1a imprescindible para o mundo \u201cafonsino\u201d e que se titula Zeca Afonso, antes do mito. Compa\u00f1eiro en Coimbra cando os dous eran estudantes, ach\u00e9ganos aspectos pouco co\u00f1ecidos do noso amigo, pero en todo coincidentes [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":5,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[118,77],"tags":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/aja.pt\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7796"}],"collection":[{"href":"https:\/\/aja.pt\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/aja.pt\/en\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/aja.pt\/en\/wp-json\/wp\/v2\/users\/5"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/aja.pt\/en\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=7796"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/aja.pt\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7796\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/aja.pt\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7796"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/aja.pt\/en\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=7796"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/aja.pt\/en\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=7796"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}