{"id":7521,"date":"2006-11-29T12:35:00","date_gmt":"2006-11-29T12:35:00","guid":{"rendered":"https:\/\/aja.pt\/wp\/?p=7521"},"modified":"2021-12-17T11:40:09","modified_gmt":"2021-12-17T11:40:09","slug":"da-razon-o-corazon-homenagem-a-benedicto-garcia-vilar","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/aja.pt\/en\/da-razon-o-corazon-homenagem-a-benedicto-garcia-vilar\/","title":{"rendered":"DA RAZ\u00d3N \u00d3 CORAZ\u00d3N &#8211; Homenagem a Benedicto Garcia Vilar"},"content":{"rendered":"<p><embed height=\"350\" src=\"http:\/\/www.youtube.com\/v\/7l288XMaLG0\" type=\"application\/x-shockwave-flash\" width=\"425\" wmode=\"transparent\"><\/embed><\/p>\n<p><strong>Discurso do Benedicto na sua homenagem em Lugo<\/strong><\/p>\n<div align=\"justify\">Sei que me dades este premio, por mil raz\u00f3ns inmerecido, coa convicci\u00f3n de que non equivale a un punto final, que \u00e9 un punto e seguido para continuar o labor iniciado hai tantos anos con compa\u00f1eiros de tanta val\u00eda, entre eles os cinco hoxe aqu\u00ed homenaxeados. \u00c9 meu o privilexio e a fortuna de ter convivido con todos v\u00f3s, de ter ido moldeando a plastilina, de ir constru\u00edndo desde cero. E facelo colectivamente, sabendo que o colectivo \u00e9 sempre m\u00e1is que a suma dos individuos que o conforman.Os meus amigos est\u00e1n aqu\u00ed, son c\u00f3mplices e part\u00edcipes; con eles viv\u00edn moitos dos mellores momentos dunha vida sempre xenerosa conmigo. Entenderedes, pois, que ten todo o senso que comparta con v\u00f3s a frase que, \u00f3 meu entender, mellor define a traves\u00eda que facemos neste barco: \u201cDa raz\u00f3n \u00f3 coraz\u00f3n\u201d. Non son precisas explicaci\u00f3ns.Como tampouco ser\u00e1n precisas para que todos entendades que me enche de gratitude e emoci\u00f3n ter estado en Italia o d\u00eda 10 de marzo de 1972, si, aquel d\u00eda tan importante, representando \u00e1s \u201ccomisi\u00f3ns obreiras\u201d, daquela a\u00ednda \u201cmovemento socio-pol\u00edtico\u201d, e recibindo a solidariedade dos dem\u00f3cratas italianos. Ou que me encha de orgullo ter participado na primeira e \u00fanica manifestaci\u00f3n de \u201cfurgonas\u201d de grupos musicais que, contra os agoiros dalg\u00fans, encheu de colorido, bocinazos e dignidade a Praza do Obradoiro, hai moitos, moitos anos. \u00bfTe\u00f1en problemas os m\u00fasicos?. Preguntaban alg\u00fans, incr\u00e9dulos.Ou por ter participado na construcci\u00f3n desa gran federaci\u00f3n que no ensino ten presencia en t\u00f3dolos sectores, nalg\u00fans de xeito hexem\u00f3nico. Cando un sindicato soporta e se alimenta \u00e1 vez, nesa simbiose xenu\u00edna e proveitosa, dunha orquesta polif\u00f3nica de \u201ckazoos\u201d todo \u00e9 posible.Como foi posible que este sindicato, practicamete en solitario, enchera con 10.000 traballadores o Pabell\u00f3n do Obradoiro na homenaxe que un poeta comprometido coa s\u00faa causa merec\u00eda. Foi o 28 de outubro do 79 e o poeta era C.E.Ferreiro.Como tam\u00e9n o foi a aportaci\u00f3n singular que Comisi\u00f3ns fixo na organizaci\u00f3n da demostraci\u00f3n de amor e solidariedade que os galegos de ben fixeron a aquel artista excepcional que tanto nos quer\u00eda. Era maio do 87 e Galicia enteira sintonizou a frecuencia vital do Zeca Afonso. Sabemos que a\u00ednda est\u00e1 todo por facer cos materiais destes eventos como tam\u00e9n os que se refiren \u00f3s sucesos na Universidade de Santiago no ano 68. Estamos pr\u00f3ximos a que se cumpran 30, 20 e 40 anos desde aquelas datas. Coido que non desvelo ning\u00fan segredo se vos digo que estamos nelo. S\u00f3 queda que cadaqu\u00e9n aporte o que lle corresponda.As diferentes responsabilidades que me tocou desenvolver nestes anos, tanto nas Federaci\u00f3ns como na direcci\u00f3n do Sindicato Nacional, todas e cada unha delas, representaron retos, \u00a1que duda cabe! Pero sempre representaron para min un inmenso enriquecimento persoal. Espero non ter deixado ningunha ferida polo cami\u00f1o. A quen poidera ter molestado o meu proceder, as mi\u00f1as disculpas m\u00e1is sentidas. A todos e a todas, o meu agradecemento m\u00e1is profundo: por serdes as\u00ed e por estar a\u00ed.<\/div>\n<p><strong>Benedicto Garc\u00eda Villar<br \/>11 de marzo do 2006<\/strong><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Discurso do Benedicto na sua homenagem em Lugo Sei que me dades este premio, por mil raz\u00f3ns inmerecido, coa convicci\u00f3n de que non equivale a un punto final, que \u00e9 un punto e seguido para continuar o labor iniciado hai tantos anos con compa\u00f1eiros de tanta val\u00eda, entre eles os cinco hoxe aqu\u00ed homenaxeados. \u00c9 [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":5,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[118],"tags":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/aja.pt\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7521"}],"collection":[{"href":"https:\/\/aja.pt\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/aja.pt\/en\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/aja.pt\/en\/wp-json\/wp\/v2\/users\/5"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/aja.pt\/en\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=7521"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/aja.pt\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7521\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/aja.pt\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7521"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/aja.pt\/en\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=7521"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/aja.pt\/en\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=7521"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}