{"id":7159,"date":"2006-04-29T18:05:00","date_gmt":"2006-04-29T18:05:00","guid":{"rendered":"https:\/\/aja.pt\/wp\/?p=7159"},"modified":"2021-12-17T11:41:09","modified_gmt":"2021-12-17T11:41:09","slug":"noticia-de-a-coruna-digital-sobre-a-homenagem-feita-a-jose-afonso","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/aja.pt\/en\/noticia-de-a-coruna-digital-sobre-a-homenagem-feita-a-jose-afonso\/","title":{"rendered":"Not\u00edcia de &#8220;A Coru\u00f1a Digital&#8221; sobre a homenagem feita a Jos\u00e9 Afonso"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/3834\/1014\/1600\/sem%20t%3F%3Ftulo.jpg\"><img alt=\"\" border=\"0\" src=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/3834\/1014\/400\/sem%20t%3F%3Ftulo.jpg\" style=\"cursor: hand; cursor: pointer; display: block; margin: 0px auto 10px; text-align: center;\" \/><\/a><\/p>\n<p>Benedicto e Miro Casabella, pertencentes ao movemento da nova canci\u00f3n galega, re\u00fanense na Coru\u00f1a para honrar a Jose Afonso.<\/p>\n<p>A. R..A Coru\u00f1a <\/p>\n<p>&#8220;Durante os \u00faltimos vinte anos, ningu\u00e9n cantou \u00e1 palabra en Galicia&#8221;. \u00c9 Miro Casabella, m\u00fasico das Voces Ceibes que crearon en galego pola Galicia perseguida. Alto e sereno, aperta ao que fora un dos seus compa\u00f1eiros no movemento musical da \u00faltima d\u00e9cada do franquismo, Benedicto, pequeno e de fala r\u00e1pida. <\/p>\n<p>Non \u00e9 doado velos xuntos. Onte reun\u00edronse na Coru\u00f1a nunha homenaxe que o colectivo Urbano Lugr\u00eds rendeu \u00e1 voz da Revoluci\u00f3n dos Caraveis, Jose Afonso, na que tam\u00e9n participaron, e cantaron, os fundadores de Fuxan os Ventos e actualmente integrantes de A Quenlla, Mini e Mero. <\/p>\n<p>Recordan xuntos con paix\u00f3n. Recordan as moitas veces que encheron o Pavill\u00f3n de Deportes de A Coru\u00f1a e como Jose Afonso reuniu aut\u00e9nticas masas entregadas na cidade herculina. E recordan a s\u00faa contribuci\u00f3n a remover unha sociedade na que cantar canci\u00f3n social era perigoso. <\/p>\n<p>Ambos foron amigos do cantante luso e Bendicto traballou con el na m\u00fasica durante dous anos. &#8220;Era un xenio, tremendamente nervioso, pero capaz de converter ese car\u00e1cter nun acto de xenialidade creativa&#8221;, explica Benedicto, agora profesor en Ames. &#8220;Se fose ingl\u00e9s ou americano, nin Bob Dylan&#8221;, engade. <\/p>\n<p>&#8220;Era unha voz cr\u00edtica permanente e sempre pasaba lista&#8221;, lembra Benedicto. &#8220;E foi quen de, sen sa\u00edrse das ra\u00edces, innovar; gozaba coa cultura popular&#8221;. <\/p>\n<p>Miro Casabella e Benedicto explican ademais o amor que sent\u00eda o autor de Grandola, vila morena por Galicia. &#8220;Sempre dic\u00eda este era o lugar onde mellor lle entenderan&#8221;. <\/p>\n<p>Casabella defende a vixencia de voces como a de Jose Afonso ou de movementos como Voces Ceibes. &#8220;\u00c9 m\u00e1is necesario ca nunca&#8221;, di. <\/p>\n<p>&#8220;Houbo un tempo de sequ\u00eda dende os oitenta ata agora&#8221;, afirma crendo que os tempos mudan. &#8220;Ning\u00faen cantou palabra en Galicia, non estaba premiado dicir cousas&#8221;, considera o m\u00fasico. <\/p>\n<p>Ambos gustan da m\u00fasica que se fai agora en Galicia, dende o rap a o folk e admiran a todos os grupos que son quen de levar a cultura galega por todo o mundo, como Luar na lubre, Berrog\u00fcetto, Susana Seivane, Xos\u00e9 Manuel Budi\u00f1o ou Carlos N\u00fa\u00f1ez. <\/p>\n<p>Pero din que hai que facer m\u00e1is. &#8220;Deixouse de axudar a xente que comp\u00f3n, toca ou canta&#8221;, lamenta Miro Casabella. <\/p>\n<p>&#8220;Axudan ao audiviosual, axudan aos que practican balomp\u00e9 e crean a Selecci\u00f3n Galega de f\u00fatbol, pero non aos m\u00fasicos&#8221;, explica Casabella.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Benedicto e Miro Casabella, pertencentes ao movemento da nova canci\u00f3n galega, re\u00fanense na Coru\u00f1a para honrar a Jose Afonso. A. R..A Coru\u00f1a &#8220;Durante os \u00faltimos vinte anos, ningu\u00e9n cantou \u00e1 palabra en Galicia&#8221;. \u00c9 Miro Casabella, m\u00fasico das Voces Ceibes que crearon en galego pola Galicia perseguida. Alto e sereno, aperta ao que fora un [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":5,"featured_media":7160,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[118,108,90,91],"tags":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/aja.pt\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7159"}],"collection":[{"href":"https:\/\/aja.pt\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/aja.pt\/en\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/aja.pt\/en\/wp-json\/wp\/v2\/users\/5"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/aja.pt\/en\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=7159"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/aja.pt\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7159\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/aja.pt\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media\/7160"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/aja.pt\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7159"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/aja.pt\/en\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=7159"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/aja.pt\/en\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=7159"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}