{"id":6980,"date":"2006-03-29T08:49:00","date_gmt":"2006-03-29T08:49:00","guid":{"rendered":"https:\/\/aja.pt\/wp\/?p=6980"},"modified":"2021-12-17T11:41:11","modified_gmt":"2021-12-17T11:41:11","slug":"jose-afonso-e-a-galicia","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/aja.pt\/en\/jose-afonso-e-a-galicia\/","title":{"rendered":"Jos\u00e9 Afonso e a Gal\u00edcia"},"content":{"rendered":"<p>A frialdade dunha rese\u00f1a enciclop\u00e9dica non pode, por moito que queira, representar todo o que significou o encontro m\u00fatuo e rec\u00edproco dun pa\u00eds (Galicia) e unha figura da magnitude humana, pol\u00edtica e art\u00edstica do Zeca. E eu tiven a fortuna de asistir e participar desde moi perto neste encontro.<br \/>Cando na primavera do 72 me presentei na s\u00faa casa en Set\u00fabal, non pod\u00eda nin remotamente imaxinar o que vir\u00eda despois. Aquel home, tan vixiado pola PIDE, era todo preguntas para saber algo do lugar do que procediamos. Naquel momento, Galicia era un mundo xeogr\u00e1ficamente distante e culturalmente desco\u00f1ecido para as persoas m\u00e1is informadas \u00f3 Sul do Mi\u00f1o. A pesar disto, J.A. ti\u00f1a na s\u00faa biblioteca un libro de poemas de Rosal\u00eda de Castro, Aires da Mi\u00f1a Terra que me mostrou aquel d\u00eda. Pero non pasaba de a\u00ed o seu co\u00f1ecemento sobre o noso pa\u00eds. De modo que non foi dif\u00edcil convencer a un home curioso como el do b\u00f3 que  ser\u00eda organizar algunha actuaci\u00f3n s\u00faa en Galicia.<br \/>O 8 de maio canta en Ourense, o 9 en Lugo e o 10 en Santiago. Eu, que por indicaci\u00f3n s\u00faa ti\u00f1a ensaiado alg\u00fans temas (voces e guitarra) v\u00e9xome atrapado pois os t\u00edtulos que decide a \u00faltima hora non son os mesmos e temos que ensaiar rapidamente. En Santiago, na Facultade de CC. Econ\u00f3micas, d\u00e1 o que ser\u00eda o seu primeiro recital individual diante dun p\u00fablico tan numeroso (m\u00e1is de 3.000 persoas) e canta por primeira vez en p\u00fablico Gr\u00e2ndola, vila morena quedando impresionado pola receptividade do p\u00fablico galego e repetir\u00e1 \u00f3 longo dos anos que foi un dos mellores recitais da s\u00faa vida. Toma contacto coa literatura galega e s\u00e9ntese especialmente atra\u00eddo polos poetas Curros Enr\u00edquez e Celso Emilio Ferreiro. A partir de ent\u00f3n non faltar\u00e1 \u00e1 cita anual con Galicia. En marzo do 73 traendo consigo a J. J. Letr\u00eda, Manuel Freire e Francisco Fanhais, e en v\u00edsperas do 25 de abril canta en Santiago, alleo \u00f3 que se aveci\u00f1aba.<br \/>Pero mentres, a s\u00faa actividade, que comparte conmigo durante dous anos, \u00e9 constante: actuaci\u00f3ns en toda a \u201cmargem sul\u201d (Barreiro, Almada, Moita, Alhos Vedros, Zarilhos, Baixa da Banheira, son nomes que se entremezclan na mi\u00f1a memoria) e por outras partes do pa\u00eds (Set\u00fabal, Porto, Coimbra, Mafra, Caldas da Ra\u00ednha, etc) e de f\u00f3ra (Asturias en varias ocasi\u00f3ns, Par\u00eds e Madrid, onde graba o disco Eu vou ser como a toupeira en decembro do 72) En t\u00f3dolos recitais que fac\u00edamos en Portugal (nos que nos acompa\u00f1\u00e1bamos mutuamente) sempre fac\u00eda \u201cpasar a gorra\u201d pero nunca foi un tost\u00e3o para el; sempre dic\u00eda que o salario do Arnaldo Trindade (a s\u00faa discogr\u00e1fica) con ser miserable, era constante e polo tanto ti\u00f1a que ser eu quen cobrara. \u00c1 parte da actividade musical estaba a outra, a de apoio e \u00e1nimo a todo o que se movera en contra da inc\u00edvica dictadura: hoxe pod\u00eda ser o censo para as elecci\u00f3ns (sumamente perigoso se se ten en conta que hab\u00eda que facelo diante das \u201ccarrinhas\u201d da PSP ou da GNR) nas portas das f\u00e1bricas de Set\u00fabal; ma\u00f1\u00e1n, visita a alg\u00fan preso pol\u00edtico en Cax\u00edas; outro d\u00eda, aproveitar unha viaxe a Par\u00eds ou Londres e levar \u201ccanetas\u201d grabadas con textos de auxilio para Amnist\u00eda Internacional.<br \/>E a s\u00faa cabeza sempre activa, compo\u00f1endo. Nunha viaxe entre Santiago e Par\u00eds foi O que faz falta. \u201c\u2013E, p\u00e1, para, pega na  viola. \u00bfOnde est\u00e1 o gravador?. Assim, com ese acorde\u201d. \u00d3 chegarmos a Par\u00eds a canci\u00f3n xa exist\u00eda. E outra vez para Portugal; ou para Galicia, fac\u00e9ndose sempre acompa\u00f1ar por m\u00fasicos novos e distintos, abrindo portas e ventanas. Ata o ver\u00e1n do 79 en que fai a s\u00faa \u00faltima actuaci\u00f3n por terras galegas, no Parque de Castrelos de Vigo. Vi\u00f1a con J\u00falio Pereira.<br \/>Repercusi\u00f3n de J.A. en Galicia. O 31 de agosto de 1985 celebrouse nese mesmo escenario unha homenaxe co t\u00edtulo de Galiza a Jos\u00e9 Afonso, organizada pola Federaci\u00f3n de Asociaci\u00f3ns Culturais e Xuventudes Musicais e patrocinado polo semanario A Nosa Terra, no que participaron numerosos m\u00fasicos e cantores, galegos, portugueses, africanos e de Timor-Leste. Para aquela ocasi\u00f3n o propio Zeca enviou unha gravaci\u00f3n na que dic\u00eda: \u201c&#8230; Aproveito esta oportunidade para unha vez m\u00e1is afirma-la minha grande amizade pola terra e o pobo galegos, cos que \u00f3 longo dos anos mantiven as mellores relaci\u00f3ns, e para manifestar tam\u00e9n a mi\u00f1a enteira solidariedade coa loita polo reco\u00f1ecemento efectivo da lingua e cultura galegas como unha das m\u00e1is ricas da pen\u00ednsula&#8230;\u201d<br \/>Do 25 de abril \u00f3 23 de maio de 1987 celebr\u00e1ronse moi diversos actos (conferencias, concertos, recitais, publicaci\u00f3ns, etc.) en toda Galicia baixo o t\u00edtulo xen\u00e9rico de Enquanto h\u00e1 for\u00e7a, organizados por un grupo de amigos e amigas do Zeca. Milleiros de persoas asistiron \u00f3s actos e milleiros de nenos e nenas galegos traballaron nas s\u00faas escolas unha unidade did\u00e1ctica, Jos\u00e9 Afonso, preparada \u00f3 efecto.<br \/>No mes de decembro de 1994 a exposici\u00f3n Jos\u00e9 Afonso, andarilho, poeta e cantor estivo presente no Colexio de Fonseca de Santiago. A mostra foi coorganizada pola Associa\u00e7\u00e3o Jos\u00e9 Afonso, a Fundaci\u00f3n 10 de Marzo e a Universidade de Santiago. Unha exposici\u00f3n m\u00e1is reducida e co mesmo t\u00edtulo circula desde ent\u00f3n polos centros de ensino de Galicia.<br \/>O 8 de maio de 1997 celebr\u00e1ronse unha serie de actos para conmemora-los 25 anos de Gr\u00e2ndola, vila morena, e descubriuse unha placa conmemorativa polo alcalde de Santiago, Xerardo Est\u00e9vez, no Auditorio de Galicia, no lugar onde estivera o escenario da estrea da emblem\u00e1tica canci\u00f3n. Ademais, a Banda Municipal de M\u00fasica volveu interpreta-lo tema, xunto co p\u00fablico asistente \u00f3 acto de homenaxe que se celebrou, e a Facultade de CC. Econ\u00f3micas decidiu p\u00f3rlle o nome de Jos\u00e9 Afonso \u00e1 s\u00faa Aula Magna.<br \/>Son innumerables os m\u00fasicos e cantores galegos que interpretaron ou interpretan directamente temas de Zeca Afonso ou que admiten ter bebido na s\u00faa obra como inspiraci\u00f3n directa, ademais de min, como Bibiano, Ux\u00eda, os grupos Candieira, Luar na Lubre e un longo etc\u00e9tera.<br \/>Repercusi\u00f3n de Galicia en J.A. Nada mellor que as s\u00faas propias palabras para defini-lo que sent\u00eda por este pa\u00eds: \u201cGalicia \u00e9 para min tam\u00e9n unha especie de patria espiritual&#8230;\u201d \u201cFoi a experiencia m\u00e1is marabillosa. Algo especial. Tal vez ningu\u00e9n me entendeu como en Galicia.\u201d<\/p>\n<p>\u00bfPor qu\u00e9 existe en Portugal ese silencio espeso, ese desco\u00f1ecemento casi total sobre esta p\u00e1xina tan importante dunha historia que xa \u00e9 a de todos n\u00f3s?.<\/p>\n<p><strong>Benedicto Garc\u00eda Villar<\/strong><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A frialdade dunha rese\u00f1a enciclop\u00e9dica non pode, por moito que queira, representar todo o que significou o encontro m\u00fatuo e rec\u00edproco dun pa\u00eds (Galicia) e unha figura da magnitude humana, pol\u00edtica e art\u00edstica do Zeca. E eu tiven a fortuna de asistir e participar desde moi perto neste encontro.Cando na primavera do 72 me presentei [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":5,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[118,108],"tags":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/aja.pt\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6980"}],"collection":[{"href":"https:\/\/aja.pt\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/aja.pt\/en\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/aja.pt\/en\/wp-json\/wp\/v2\/users\/5"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/aja.pt\/en\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6980"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/aja.pt\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6980\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/aja.pt\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6980"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/aja.pt\/en\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6980"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/aja.pt\/en\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6980"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}