{"id":6969,"date":"2006-03-23T16:04:00","date_gmt":"2006-03-23T16:04:00","guid":{"rendered":"https:\/\/aja.pt\/wp\/?p=6969"},"modified":"2022-11-27T13:22:41","modified_gmt":"2022-11-27T13:22:41","slug":"a-nova-cancion-galega-e-a-transicion","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/aja.pt\/en\/a-nova-cancion-galega-e-a-transicion\/","title":{"rendered":"A nova canci\u00f3n galega e a transici\u00f3n"},"content":{"rendered":"\t\t<div data-elementor-type=\"wp-post\" data-elementor-id=\"6969\" class=\"elementor elementor-6969\" data-elementor-settings=\"[]\">\n\t\t\t\t\t\t\t<div class=\"elementor-section-wrap\">\n\t\t\t\t\t\t\t<section class=\"elementor-section elementor-top-section elementor-element elementor-element-6fb1523d elementor-section-boxed elementor-section-height-default elementor-section-height-default\" data-id=\"6fb1523d\" data-element_type=\"section\">\n\t\t\t\t\t\t<div class=\"elementor-container elementor-column-gap-default\">\n\t\t\t\t\t<div class=\"elementor-column elementor-col-100 elementor-top-column elementor-element elementor-element-3b4eee63\" data-id=\"3b4eee63\" data-element_type=\"column\">\n\t\t\t<div class=\"elementor-widget-wrap elementor-element-populated\">\n\t\t\t\t\t\t\t\t<div class=\"elementor-element elementor-element-ad4ce9a elementor-widget elementor-widget-text-editor\" data-id=\"ad4ce9a\" data-element_type=\"widget\" data-widget_type=\"text-editor.default\">\n\t\t\t\t<div class=\"elementor-widget-container\">\n\t\t\t<style>\/*! elementor - v3.5.6 - 28-02-2022 *\/\n.elementor-widget-text-editor.elementor-drop-cap-view-stacked .elementor-drop-cap{background-color:#818a91;color:#fff}.elementor-widget-text-editor.elementor-drop-cap-view-framed .elementor-drop-cap{color:#818a91;border:3px solid;background-color:transparent}.elementor-widget-text-editor:not(.elementor-drop-cap-view-default) .elementor-drop-cap{margin-top:8px}.elementor-widget-text-editor:not(.elementor-drop-cap-view-default) .elementor-drop-cap-letter{width:1em;height:1em}.elementor-widget-text-editor .elementor-drop-cap{float:left;text-align:center;line-height:1;font-size:50px}.elementor-widget-text-editor .elementor-drop-cap-letter{display:inline-block}<\/style>\t\t\t\t<div style=\"text-align: justify;\"><strong>COMEZO EN MADRID<\/strong><\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">Para ser m\u00ednimamente rigoroso coa historia haber\u00eda que empezar por dicir que esta parte desta historia empezou al\u00e1 polos meses de febreiro-marzo do ano 67. Con m\u00e1is pena que gloria estaba eu tratando de levar con algo de dignidade acad\u00e9mica o 2\u00ba ano do 2\u00ba curso de telecomunicaci\u00f3ns (que era as\u00ed, con t\u00f3dalas letras, como se lle chamaba) na \u00fanica escola daquela especialidade que hab\u00eda daquela, ou sexa, a de Madrid. Non \u00e9 estrano, por tanto, que coincid\u00edramos, tanto na propia escola de enxe\u00f1eiros, como nos diferentes Colexios Maiores e os poucos pisos e algunhas pensi\u00f3ns que hab\u00eda, con alumnos e, con algunha singular\u00edsima excepci\u00f3n, alumnas, doutros lugares de Galicia e moitos de Catalu\u00f1a e do resto do pa\u00eds.<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">&nbsp;<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">Naquela escola, e dado o car\u00e1cter dir\u00edase \u201cextravagante\u201d dos estudios que se realizaban, pululaban os exemplares m\u00e1is curiosos que un poidera imaxinar, a\u00ednda que non faltaban individuos normali\u00f1os de todo. A min, aprendiz de pelacables, admir\u00e1bame a facilidade dun grupo que al\u00ed hab\u00eda para montar, da noite \u00e1 ma\u00f1\u00e1n, unha emisora de radio, un estudio de grabaci\u00f3n, ou calquera outro invento que se terciara. Naturalmente, aquel grupo foi o responsable de constru\u00edr un trebello tal que actuando como \u201cpantalla herziana\u201d imped\u00eda \u00f3s coches-patrulla dos grises recibi-las \u00f3rdenes de radio da D.G.S. (Direcci\u00f3n General de Seguridad) d\u00e1ndolles, en troques, \u00f3rdenes totalmente disparatadas. Se aquel d\u00eda tocaba manifestaci\u00f3n en Paraninfo, na Cidade Universitaria, pod\u00edase ver \u00f3s coches dirixirse \u00e1 praza das Ventas \u00f3nde ti\u00f1an sido astutamente enviados. A verdade \u00e9 que aquelo durou pouco e no curso seguinte seica as cousas non foron tan doadas para os disuasores das ondas.<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">&nbsp;<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">Pois foi que neses meses de febreiro e marzo tiven a oportunidade de escoitar, en vivo e en directo, primeiro a Joan Manuel Serrat e logo a Raimon. Os dous estaban realizando unha das s\u00faas primeiras xiras polos Colexios Maiores e Residencias de Madrid e pasaron por onde eu estaba. Al\u00ed deixaron as letras que daquela se repart\u00edan sempre nos recitais e m\u00e1is dunha pegada nalg\u00fan de n\u00f3s. Eu, que vi\u00f1a de disfrutar do lat\u00edn en todo o gregoriano habido e por haber nunha infancia-adolescencia canora na coral do meu colexio de curas, non atopei demasiadas raz\u00f3ns para non face-lo propio en catal\u00e1n, \u00a1por que non!. Se lle engad\u00edmo-lo morbo de facer algo que semellaba contestaci\u00f3n, a ir contra corrente, non \u00e9 dif\u00edcil imaxinar \u00f3 rapaz, galego naquela confusi\u00f3n madrile\u00f1a, a piques de cumpri-los 20 anos, cantando a todo pulm\u00f3n \u201cSom\u201d, \u201cDiguem no\u201d e claro, \u201cAl vent\u201d, e con algo menos de pulm\u00f3n \u201cAra que tinc vint anys\u201d e algunha m\u00e1is.<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">&nbsp;<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">E seguindo a l\u00f3xica das cousas e do momento non \u00e9 tampouco dif\u00edcil imaxinar que de entre os colegas e amigos que me escoitaron naqueles d\u00edas, con moita paciencia e algunha complacencia, alg\u00fan tivera a xenialidade da pregunta do mill\u00f3n: \u00bfe por que non en galego?<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">&nbsp;<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">Podo asegurar e aseguro que foi como se me meteran de corpo enteiro na \u201cberenguela\u201d no intre de da-las doce. Claro, era clar\u00edsimo, pero arrepiaba todo o corpo s\u00f3 de pensalo. Non se trataba de po\u00f1er en galego unha canci\u00f3n que xa estaba feita. O desaf\u00edo era doble: ti\u00f1a que ser en galego pero ti\u00f1a ademais, para ben ser, que facerse ex professo , algo novo, non usando ning\u00fan poeta co\u00f1ecido ou desco\u00f1ecido; e logo estaba a m\u00fasica. \u00c1 parte da experiencia coral, non ti\u00f1a m\u00e1is, como alg\u00fans outros rapaces, que a da arm\u00f3nica ( Seductora-Honner ) que me regalaran \u00f3 cumpri-los 7 anos e o aporreo entusiasta pero de escasa cualificaci\u00f3n da guitarra da \u201crev\u00e1lida de 4\u00ba\u201d. Despois un fito poucas veces comentado: no ver\u00e1n dos quince anos, chegamos a formar un tr\u00edo de piano, bater\u00eda e guitarra el\u00e9ctrica que se atrev\u00eda con temas dos Shadows como Apache e outros (poucos outros) que bailaban con prestancia os e as quincea\u00f1eros de ent\u00f3n no Sal\u00f3n Amarillo do Casino, na r\u00faa do Villar. Na bater\u00cda estaba Juan Gelabert e no piano, Xerardo Est\u00e9vez.<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">&nbsp;<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">Con m\u00e1is esforzo que fortuna o tema foi sa\u00edndo e quedou bautizado co t\u00edtulo de \u201cUn home\u201d co benepl\u00e1cito de t\u00f3dolos presentes que abarrotaban aquel cuarto de estudiante que miraba \u00e1 magn\u00edfica serra do Guadarrama.<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">&nbsp;<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">Compa\u00f1eiro no estudio da electr\u00f3nica era Xavier Alcal\u00e1 quen na primeira ocasi\u00f3n que tiven recibiu a boa nova. Xa que logo f\u00edxome saber que ti\u00f1a un amigo que empezaba a cantar e a quen nunca cheguei a co\u00f1ecer: Andr\u00e9s Lapique Dobarro. Puxemos de manifesto o inter\u00e9s com\u00fan por \u201cfacer algo\u201d e decidimos, entre os dous, que o mellor era botar a andar un grupo, cos tres, que se \u00eda chamar \u201cOs Novos Xoglares Galegos\u201d. Non pasou do max\u00edn pero foi bonito mentres durou.<span class=\"Apple-style-span\" style=\"font-weight: bold;\"><\/span><\/div>\n<div>&nbsp;<\/div>\n<div>&nbsp;<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\"><span class=\"Apple-style-span\" style=\"font-weight: normal;\"><strong>NO INTERIOR, GALICIA<\/strong><\/span><\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">Dado o pouco resultado acad\u00e9mico que os madriles ti\u00f1an para min e como en Santiago inici\u00e1banse os estudios de Econ\u00f3micas, decid\u00edn que o mellor era quedar na casa e non seguir de \u201ccara\u201d pola vida. Pero aquel ver\u00e1n do 67 \u00edame dar unha das mellores oportunidades da mi\u00f1a vida: o encontro con Celso Emilio Ferreiro. Coa s\u00faa obra, claro, porque el andaba ent\u00f3n polos lares venezolanos sufrindo no \u201cpa\u00eds dos ananos\u201d. Aqu\u00ed deixara editado por Basilio Losada a \u201cLonga Noite de Pedra\u201d, en Ediciones El Bardo , con vinte exemplares, os da censura, sen pr\u00f3logo, e os outros, toda a edici\u00f3n que foi \u00e1s librer\u00edas, con pr\u00f3logo. O pr\u00f3logo de marras ti\u00f1a, entre outras lindezas, un poema tremendo, \u201cCarta a Fuco Bux\u00e1n\u201d. Naquel intre, a situaci\u00f3n do pa\u00eds era tal, que era considerado subversivo, non s\u00f3 o relato despiadado que o Celso fac\u00eda da situaci\u00f3n do \u201clabrego esfarrapado\u201d, sen\u00f3n que tam\u00e9n o era a conclusi\u00f3n, a orientaci\u00f3n, a consigna que se daba: emigrar mentres non pasara o tempo que denigraba, mentres non chegara o tempo da patria. Este magn\u00edfico panfleto po\u00e9tico foi posto nas mi\u00f1as mans por Xan Facal, que asistira, xunto con moitos dos seus hirm\u00e1ns e os meus primos Garc\u00eda Devesa, \u00e1 mi\u00f1a primeira cantada en Galicia: foi nos montes de Toba pr\u00f3ximo a Corcubi\u00f3n. Aquelas terras, aquelas augas, sobre todo as de Sardi\u00f1eiro, inspirar\u00edan moitos dos meus traballos na canci\u00f3n.<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">&nbsp;<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">Ti\u00f1a agora diante de min outro reto: facerlle unha m\u00fasica apropiada a aquel poema. E pux\u00e9monos un plazo: a finais de ver\u00e1n voltar\u00edamos falar. Dito e feito; claro que a influencia raimoniana poucas veces foi tan evidente. Pero se algo quedaba claro era a contundencia do resultado. Suso Garc\u00eda Devesa, Maricarmen Sanle\u00f3n e Xan Facal, xunto cun pequeno grupo de animadores e animadoras entenderon que aquelo era escoitable e pod\u00eda ter continuidade co que alimentaron a mi\u00f1a ansia creadora que xa estaba devorando es versos do exemplar de \u201cLonga Noite de Pedra\u201d que conseguira.<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">&nbsp;<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">No primeiro trimestre do curso 67-68, curso singular, plural e pluscuamperfecto, tivemos un fin de semana de reflexi\u00f3n un grupo da JEC (Juventud Estudiantil Cat\u00f3lica) que daquela exist\u00eda en Santiago. Que recorde, estivemos reunidos en Pontedeume o colectivo de \u201ccristianos de base\u201d formado, entre outros, por: Susana L\u00f3pez Facal, Sindo Villar, Camino Noia, Tuco Cervi\u00f1o, M\u00aa Xos\u00e9 Rodr\u00edguez Galdo, Xavier Castillo, Mariqui\u00f1a Tom\u00e9, Enrique Moreno, Marisol Facal, Emilio P\u00e9rez Touri\u00f1o e mais eu. Como non pod\u00eda ser menos, na cea, \u00f3s postres, eu era requerido amablemente polo grupo para interpreta-los meus dous \u201ctemas\u201d, cousa que fac\u00eda sen chistar e con todo o aprecio do mundo por parte daquel auditorio de privilexio. De privilexio para o cantor, naturalmente, desco\u00f1ecedor ent\u00f3n do papel que a historia do seu pa\u00eds \u00eda adxudicar a moitos dos membros daquel grupo trinta anos m\u00e1is tarde.<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">&nbsp;<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">No primeiro curso da neonata Facultade de Econ\u00f3micas coincid\u00edn con homes e mulleres que tam\u00e9n ir\u00edan, como o grupo da JEC , alg\u00fan tempo despois, a configurar boa parte do noso m\u00e1is valioso activo pol\u00edtico e cultural. De entre eles tivo nesta historia unha particular intervenci\u00f3n Arturo Reguera, home sen fendas e amigo implacable da verdade e dos amigos, que me puxo en contacto cos alumnos \u201corganizados\u201d de Filosof\u00eda e Letras. Os alumnos de Letras organizaban por aqueles d\u00edas unha \u201caula po\u00e9tica\u201d na s\u00faa Facultade e fun convidado a cantar. Al\u00ed estaba con todo o seu esplendor revolucionario Blanca Caama\u00f1o, delegada e presentadora do acto. O cantor cantou as s\u00faas d\u00faas canci\u00f3ns e o p\u00fablico fartouse de aplaudir. Era a primeira vez que tal cousa suced\u00eda e ser\u00edan moitas as \u201cprimeiras veces\u201d que se producir\u00edan naqueles apretados e densos d\u00edas. Entre os organizadores estaba Emilio Gregorio Fern\u00e1ndez que forneceu a mi\u00f1a despensa po\u00e9tico-musical co texto de \u201cO arte de amar\u201d.<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">&nbsp;<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">De xeito que de al\u00ed a pouco xa ti\u00f1a na mi\u00f1a producci\u00f3n cancioneira tres temas cos que empezar a andar polo mundo. E un novo encontro \u00eda ter lugar para definir m\u00e1is o escenario. A verdade \u00e9 que non podo lembrar exactamente as pezas da cadea que o fixeron posible pero o que si sei \u00e9 que \u00f3s poucos d\u00edas co\u00f1ec\u00edn a Xavier de quen se me fixera unha sinopse como dun -\u201ctipo raro\u201d que anda por ah\u00ed tocando a harm\u00f3nica \u00f3 Bob Dylan e cantando cousas do Celso- Con semellante presentaci\u00f3n e coas ganas que eu ti\u00f1a de colegas non era estrano que o panorama poidera adivi\u00f1arse prometedor. E abof\u00e9 que non defraudou.<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">&nbsp;<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">O \u201ctipo raro\u201d aquel ti\u00f1a de estrano un nada desde\u00f1able arsenal biblio e discogr\u00e1fico no cuarto da Pensi\u00f3n \u201cTouri\u00f1o\u201d na R\u00faa Nova, cuarto que tantas veces visitar\u00eda eu \u00f3 longo daquel curso. Ademais como coincidencia ben explicable, xa ti\u00f1a pasado polo repertorio m\u00e1is incandescente de Raimon (conv\u00e9n lembrar que o de X\u00e1tiva cantara no Estadio da Residencia de Santiago en maio do 67) No primeiro encontro acordamos ir dar unha serenata \u00e1s mozas pola noite e, nin cortos nin perezosos, ah\u00ed imos polo Patio de Madres arriba e abaixo coa nosa producci\u00f3n galaica con todo o convencimento do mundo. Non sei realmente o que pasar\u00eda por dentro das contras que non se abr\u00edan; as poucas que se abriron nos ofreceron rostros que parec\u00edan pagar con m\u00e1is paciencia que agrado o noso esforzo \u201crenovador\u201d do costume tan compostelano da serenata. Non est\u00e1 de m\u00e1is sinalar aqu\u00ed que naqueles momentos empezaba a ser de enorme importancia ofrecer unha alternativa a toda canta manifestaci\u00f3n humana se produxera present\u00e1ndose sempre propostas do m\u00e1is variopinto a cada xesto, costume ou modelo de conducta que se presentara. Frente \u00f3 fen\u00f3meno da \u201ctuna,\u201d tan identificado naquel ent\u00f3n coa tradici\u00f3n universitaria m\u00e1is reaccionaria e franquista, probaron sorte outras f\u00f3rmulas. A nosa, dende logo, non estivo coroada polo \u00e9xito.<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">&nbsp;<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">As\u00ed que probamos sorte nun mencer en Cambados, onde ti\u00f1amos costume de ir ver sa\u00ed-lo sol, logo dalgunha intensa noite de estudio, cun grupo impagable de compa\u00f1eiros e compa\u00f1eiras da Facultade. As pedras milenarias escoitaron impert\u00e9rritas e o sol saeu como t\u00f3dolos d\u00edas. A\u00ednda menos mal.<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">&nbsp;<\/div>\n<div>&nbsp;<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\"><strong>DO \u201cGAUDEAMUS\u201d \u00d3 \u201cVENCEREMOS\u201d<\/strong><span style=\"font-size: 18px; color: var( --e-global-color-text );\">&nbsp;<\/span><\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">Sempre hai persoas, as m\u00e1is das veces an\u00f3nimas, que aportan en intres da historia un aquel de xenialidade \u00e1 hora de configurar escenograf\u00edas que pasan a ser definitorias de determinados momentos. Estoume a lembrar, por exemplo, da figura dos barbudos cubanos subidos nos cami\u00f3ns confiscados \u00f3 ex\u00e9rcito de Batista entrando na Habana ou a Lenin encaramado na tribuna de madeira arengando \u00e1 multitude enfervorizada. Pero as\u00ed como hai estes elementos de car\u00e1cter pl\u00e1stico, tam\u00e9n hai outros sonoros que arroupan e, en casos, definen aquelas ou outras escenas.<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">&nbsp;<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">No fervor que a Universidade de Santiago tivo na s\u00faa primavera do 68, adianto do maio franc\u00e9s e non influencia daquel, como tantas veces se ten afirmado, houbo tam\u00e9n un algu\u00e9n xenial, desco\u00f1ecido para os historiadores, que se preocupou de dar soporte musical \u00e1s concentraci\u00f3ns que se realizaban. A primeira gran idea foi aproveitar un himno xa existente. O \u201cGaudeamos igitur\u201d pasou de ser un himno tremendamente reaccionario, sobre todo naqueles d\u00edas, coas s\u00faas loubanzas \u00e1 Academia e \u00f3s profesores, a ser un elemento de aglutinamento do alumnado en p\u00e9 de guerra, que o ofrec\u00eda como algo propio, exclusivo, inasequible para aqueles mortais que, debaixo dos uniformes de \u201cgrises\u201d ou dos grises traxes de \u201csociais\u201d, representaban o m\u00e1is burdo do aparato represivo franquista. Pero quenes o cantaban non comprend\u00edan tampouco, por moita letra ciclostilada que se pasara, o que dec\u00eda aquel demo de himno que semellaba na gorxa dos iracundos estudiantes o maior dos panfletos.<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">&nbsp;<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">E claro, o himno ti\u00f1a que ser sustitu\u00eddo por outro m\u00e1is \u201cpresentable\u201d. Vicente Araguas, que ten memoria de elefante, asegura no seu libro imprescindible, \u201cVoces Ceibes\u201d, publicado hai xa 8 anos por Ed. Xerais, que foi un domingo chuvioso en que se manifestaban os estudiantes frente \u00f3 intento do odiado decano de Ciencias, Oc\u00f3n, de inaugurar un monumento a non sei quen no campus, cando apareceron copias, tam\u00e9n ciclostiladas, do \u201cVenceremos n\u00f3s\u201d. Para alg\u00fan sector do estudiantado m\u00e1is informado, non era desco\u00f1ecida a canci\u00f3n gracias a que circulaba a versi\u00f3n orixinal \u201cWe shall overcome\u201d cantada por Joan Baez. Por tanto, non foi dif\u00edcil que os concentrados, antes da disoluci\u00f3n pertinente por parte da polic\u00eda, entonaran, a\u00ednda timidamente, a versi\u00f3n galega do himno.<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">&nbsp;<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">A potencia animadora da canci\u00f3n, m\u00e1xime cando se fai colectiva, empezou a quedar de manifesto e explicar\u00eda parte da ansia por ter unha manifestaci\u00f3n propia e, \u00f3 mesmo tempo, a acollida que a n\u00f3s se nos dispensou desde aqueles \u00e1mbitos.<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">&nbsp;<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">Por aqueles d\u00edas de finais de febreiro anunciouse profusamente polas facultades unha conferencia de Xes\u00fas Alonso Montero na Residencia de \u201cEl Pilar\u201d , na Ense\u00f1anza. Al\u00ed fomos t\u00f3dolos que podiamos entrar, Xes\u00fas falou de literatura e desacougo e \u00f3 remate d\u00edxosenos a Xavier e a min, que xa estabamos preavisados, que o \u201cprofesor\u201d ti\u00f1a moito inter\u00e9s por escoitarnos. E debeu quedar contento de veras porque o demostrou ben de veces. \u00d3 caso \u00e9 que fomos \u00f3 \u201cCosechero\u201d, na r\u00faa Nova, enfrente da pensi\u00f3n de Xavier onde ti\u00f1\u00e1mo-las guitarras. Al\u00ed, non sei como porque o sitio era m\u00ednimo, meteuse unha morea de xente, do P.C. a meirande parte. Recordo a Marisa Mel\u00f3n e a Federico Ordax, \u00f3 abogado Manolo Rodr\u00edguez, a \u201cQuiques\u201d Montes, a Mario, lector de portugu\u00e9s, Jos\u00e9 Manuel Mille, Olga Iglesias, Vicente A. Areces, Rafa B\u00e1rez, a \u201cPancho\u201d Fontenla, Eduardo Seijas \u201cPalas\u201d, Luz Rubi\u00f1os e a Arturo Reguera, ademais dun mont\u00f3n que non podo reproducir. E al\u00ed, pingando suor polos catro costados, demos conta do noso repertorio. Xavier xa ti\u00f1a un feixe importante de canci\u00f3ns, pero a\u00ednda que s\u00f3 foran a \u201cMar\u00eda Soli\u00f1a\u201d, o \u201cMon\u00f3logo do vello traballador\u201d e o \u201cFuco P\u00e9rez\u201d, todas elas de Celso, xa pagaba a pena. E claro, o \u201cprofesor\u201d quedou encandilado e xa facendo plans para un recital en Lugo.<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">&nbsp;<\/div>\n<div>&nbsp;<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\"><strong>A PRIMEIRA, NA FRENTE<\/strong><\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">E de novo o Arturo Reguera fixo de \u201cponte\u201d, esta vez con Manuel Mar\u00eda a quen escribeu inform\u00e1ndolle que en Santiago hab\u00eda un rapaz que cantaba en galego e que estaba precisando letras para cantar. O poeta, desco\u00f1ecido totalmente para o rapaz, remitiu \u00e1 volta de correo un \u201cCancioneiro\u201d con textos para canci\u00f3ns del e mais de Lois Di\u00e9guez, quen gozou de mellor fortuna \u00e1 hora de ver (ou mellor, escoitar) os seus versos convertidos en canci\u00f3ns: \u201cNo Vietnam\u201d, \u201cEu son a voz do pobo\u201d e \u201cLoitemos\u201d pasaron \u00f3 repertorio habitual a partir de ah\u00ed, a\u00ednda que a \u00faltima correu a mesma sorte que a \u201cCarta a Fuco Bux\u00e1n\u201d do Celso: a prohibici\u00f3n sistem\u00e1tica e tenaz.<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">&nbsp;<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">Coa mi\u00f1a media ducia de canci\u00f3ns e a ducia larga de Xavier, sempre moito m\u00e1is prol\u00edfico, estabamos en condici\u00f3ns de acepta-lo reto de cantar en p\u00fablico nun recital preparado en serio e as\u00ed se lle comunicou a Alonso Montero que preparou todo para que poideramos cantar na Escola de Peritos Agr\u00edcolas de Lugo o 30 de marzo \u00e1s 7 da tarde. Solicitado e obtido o correspondente permiso da autoridade gubernativa, edit\u00e1ronse cancioneiros (os primeiros que ti\u00f1amos) cunha fermos\u00edsima e afiada presentaci\u00f3n de Xes\u00fas titulada \u201cPalabras para un recital de canci\u00f3s\u201d que reproduzo aqu\u00ed:<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">&nbsp;<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">\u201cCoido que dentro de alg\u00fas anos se falar\u00e1 de este recital como dun feito hist\u00f3rico. Penso, en verdade, que o feito ten corpo de acontecemento e, como tal, vai marcar, dun xeito ou de outro, a nosa cultura. Dende hoxe Galicia ten o que noutros \u00e1mbitos menos precarios te\u00f1en dende hai tempo: unha canci\u00f3n \u00e1 altura do intre hist\u00f3rico, unha canci\u00f3n nascida para desacougar e alumear: unha canci\u00f3n pra acadarmos concencia dos nosos problemas reales.<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">&nbsp;<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">A voz de estes dous mozos, Benedicto e Xavier, vai levar as mellores inquedanzas e as mellores carraxes a eidos deica agora alleos \u00e1 literatura; por primeira vez tam\u00e9n, centos e mais centos de homes e mulleres do noso pa\u00eds van escoitar a s\u00faa fala feita arte e feita cultura viva.<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">&nbsp;<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">Este xeito de expresi\u00f3n xurde en Galicia un pouco tarde, pero ti\u00f1a que xurdir porque os pa\u00edses endexamais renuncian \u00e1 expresi\u00f3n operante. Estes mozos da Universidade Galega chegan a n\u00f3s no tempo de desacougar, morto xa o tempo de calar e o tempo de falar por falar.\u201d<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">&nbsp;<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">Dende primeira hora da tarde foran chegando \u00e1 casa de Xes\u00fas en Lugo, situada enfrente xusto da Escola de Peritos, do outro lado do xard\u00edn, amigos que foran convocados para o acto. Al\u00ed co\u00f1ecimos a Manuel Mar\u00eda e a Saleta, a Emilio Valad\u00e9, a Moncho Ramos e un longo etc\u00e9tera que foi enchendo a casa. A iso das seis da tarde unha chamada telef\u00f3nica po\u00f1\u00eda l\u00edvido o semblante de Xes\u00fas: un co\u00f1ecido chamara para avisar que pola radio estaban dando unha nota do Gobernador Civil pola que se anunciaba a suspensi\u00f3n do recital. De seguido fix\u00e9ronse chamadas a diversas instancias e a confirmaci\u00f3n era un\u00e1nime: o recital estaba prohibido. Para colmo de ignominia, como se de criminais perigosos se tratara, dous polic\u00edas de uniforme custiaban a entrada da casa, evidentemente para impedi-la nosa sa\u00edda da mesma. Asom\u00e1monos \u00e1 ventana e comprobamos que na porta do lugar onde ti\u00f1amos que cantar hab\u00eda varios veh\u00edculos e furgonas ben reco\u00f1ecibles. O recital f\u00edxose na casa e quedamos roucos de canto e de carraxe.<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">&nbsp;<\/div>\n<div>&nbsp;<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\"><strong>RECITAIS \u201cA EITO\u201d<\/strong><\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">No mes de abril foi un non parar continuo, de convites que empezamos a recibir, e realizar, por toda a xeograf\u00eda do pa\u00eds, que tantas veces recorreriamos despois.<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">O primeiro que si se realizou foi o organizado pola Asociaci\u00f3n Cultural de Vigo, o d\u00eda 4. Imaxino que o traballo correr\u00eda a cargo de Xan Facal. El foi quen fixo de presentador e el quen me puxo os pelos de punta, por primeira vez, recitando aquelo de Atahualpa Yupanqui:<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">&nbsp;<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">\u201cSoy gaucho entre el gauchaje<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">y soy naide entre los sabios<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">y son para m\u00ed los agravios<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">que le hagan al paisanaje\u201d<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\"><br><\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">\u00a1Que b\u00e1rbaro! \u00a1Canto que aprender! \u00a1Canto mundo diante de n\u00f3s! E do p\u00fablico que ench\u00eda a sala s\u00f3 recordo as s\u00faas caras amables, acolledoras. Bueno, menos aquel home do fondo, si, aquel de gris, que, cambiando s\u00f3 de rostro, nos acompa\u00f1ar\u00eda de recital en recital. Era o encargado de velar polo cumprimento da censura. Conv\u00e9n aclarar, para os que non o viviron, que era preceptivo enviar \u00e1 censura cunha antelaci\u00f3n determinada (normalmente bastantes d\u00edas) os textos que se pretend\u00eda cantar. Al\u00ed (sempre imaxinamos que nun cuarto s\u00f3rdido e sen luz) uns individuos extranos, a quen por certo nunca co\u00f1ec\u00edn, dictaminaban o que se pod\u00eda e o que non se pod\u00eda cantar, afinando incluso se se autorizaba para maiores de 14 anos, ou de 18. Pero claro, como non estaba nada escrito nin determinado en norma algunha, os criterios eran totalmente cambiantes, podendo atopar que o que o censor de Vigo consideraba \u201cnon cantable\u201d e, polo tanto, ol\u00edmpicamente \u201cprohibido\u201d, pasaba por non ter o m\u00e1is m\u00ednimo perigo para o censor de Pontevedra que daba o \u201cnihil obstat\u201d correspondente. Isto tam\u00e9n animou a nosa capacidade creadora e ten habido verdadeiros especialistas na materia. A primeira adaptaci\u00f3n, que eu recorde, foi a do final da \u201cCarta a Fuco Bux\u00e1n\u201d que ti\u00f1a, \u00f3 parecer, un dos principais problemas cando enunciaba:<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">&nbsp;<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">\u201cFuco Bux\u00e1n, \u00bfnon sintes que na Iberia<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">feden a podre os homes e as paisaxes?<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">&nbsp;<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">Debidamente \u201cretocados\u201d, estes versos pasaron a ser:<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">&nbsp;<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">\u201cFuco Bux\u00e1n, \u00bfnon sintes que en Liberia<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">feden a podre os homes e as paisaxes?<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">\u00bfQue raio nos importar\u00eda a n\u00f3s o que pasaba en Liberia? Pensar\u00eda o probo funcionario. Pero pasar, pasou; claro que, na cantarela, cant\u00e1base en \u201cversi\u00f3n orixinal\u201d \u00bfQuen \u00eda se-lo guapo de distingui-lo engano?<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">&nbsp;<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">Otra, m\u00e1is co\u00f1ecida, ser\u00eda a de Bibiano, anos m\u00e1is tarde, co \u201cCan de palleiro\u201d. \u00bfQue censor era capaz de imaxina-lo efecto sonoro daqueles versos?:<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">&nbsp;<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">\u201cA t\u00faa forte dentadura<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">vir\u00e1se abaixo, abaixo a dentadura,<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">abaixo a dentadura, abaixo a dentadura, &#8230;\u201d<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">&nbsp;<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">A complicidade cantores-p\u00fablico era tal quen non se precisaba de ningunha consigna pois xa o respetable se encargaba de face-la modificaci\u00f3n pertinente: \u201cdentadura\u201d por \u201cdictadura\u201d; o resultado era espectacular.<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">&nbsp;<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">Pero estabamos en Vigo, no local, en L\u00f3pez de Neira e claro, entre o p\u00fablico da primeira fila estaba Camilo Nogueira, Paz e Xaqu\u00edn Facal e moitos m\u00e1is que nos fixeron cantar ata que quixeron.<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">&nbsp;<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">O seguinte foi en Pontevedra o d\u00eda 18 e era organizado pola Aula de M\u00fasica do Ateneo. Se non recordo mal, al\u00ed estaba Xulio (daquela Julio) Pardellas de Blas, Fontenla, Alonso \u201co esperantista\u201d e Alfredo Conde, que daquela xa era amigo de Xavier e con quen dar\u00eda moitas paseadas polas r\u00faas de Santiago, falando de poes\u00eda, pol\u00edtica e do que se terciara.<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">&nbsp;<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">Foi un recital moi \u201cformal\u201d con escenario e todo, nun sal\u00f3n moi se\u00f1orial nun chafl\u00e1n dunha tam\u00e9n se\u00f1orial r\u00faa de Pontevedra (coido que era prestado por otra instituci\u00f3n lerezana) Con \u201ctarxeta-invitaci\u00f3n\u201d e todo que anunciaba:<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">&nbsp;<\/div>\n<div>&nbsp;<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\"><strong>A NOVA CANCI\u00d3N GALEGA<\/strong><\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">Sobre poemas de Celso Emilio Ferreiro,<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">Lois Di\u00e9guez e Avelino D\u00edaz<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">BENEDICTO GARC\u00cdA \u2013 XAVIER DEL VALLE<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">&nbsp;<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">Xa s\u00f3 polo feito de atreverse na Pontevedra de ent\u00f3n a organizar tal cousa merec\u00eda t\u00f3dolos parab\u00e9ns e o p\u00fablico asistente encheu con aplausos incluso as sillas baleiras. Foi o segundo do mes.<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">&nbsp;<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">\u00d3s tres d\u00edas, \u00e9 dicir, o domingo 21, para as 11,45, da ma\u00f1\u00e1n, claro, como quen di, \u00e1 hora da misa e co fr\u00edo correspondente, anunci\u00e1base no \u201cSal\u00f3n Parroquial do Couto\u201d, deste lado do r\u00edo porque en Ourense non hab\u00eda quen cedera un local para o evento. Pepe Conde Corbal despepitouse facendo os carteis, \u201cun por un\u201d, da s\u00faa man. E Carlos L\u00f3pez Polo e os seus muchachos, baixo a tutela de Manolo Pe\u00f1a-Rei, despepit\u00e1ronse repartido, pegando e facendo \u201cboca a boca\u201d para avisar \u00e1 parroquia. Parroquianos e parroquianas, desde logo hab\u00eda bastantes e non faltou o avogado Alfonso Pazos, sempre seguidor do noso traballo. Era o terceiro da tanda.<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">&nbsp;<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">&nbsp;<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\"><strong>MEDICINA: UN RECITAL PARA A HISTORIA<\/strong><\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">Do cuarto tense escrito e falado bastante. Foi a \u201cposta de largo\u201d do que se chamaba xa \u201cA Nova Canci\u00f3n Galega\u201d. E para ese d\u00eda xa non eramos s\u00f3 dous a cantar.<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">&nbsp;<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">Da asemblea de delegados sa\u00edra a necesidade de organizar un acto aglutinador para facer, digamos, o remate de campa\u00f1a, pois a batalla estudiantil, logo de encerros e carreiras, tocaba \u00f3 seu fin. Recib\u00edmo-la invitaci\u00f3n para celebrar un recital en Medicina, no local m\u00e1is grande dos que habitualmente eran usados para as reuni\u00f3ns masivas. Masivas, dunha universidade que daquela andaba polos 5.000 estudiantes.<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">&nbsp;<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">Tam\u00e9n recib\u00edmo-lo encargo de contactar con outros cantores que se estaban incorporando \u00e1 tarefa. As\u00ed conectamos, por diferentes v\u00edas, con Xerardo Moscoso, Vicente Araguas e Guillermo Rojo. Coido que incluso tiv\u00e9mo-la ousad\u00eda de sometelos a alg\u00fan tipo de \u201cexame\u201d para ver se pod\u00eda ser; \u00a1que burrada! En fin que coll\u00edmo-las follas cos textos e correndo para a Delegaci\u00f3n de Estudiantes, sita nos baixos da Facultade de Medicina, para facer uns improvisados cancioneiros e outros tam\u00e9n improvisados carteis que anunciaran o acto. Ademais, como sempre se fac\u00eda, nos bolet\u00edns informativos deses d\u00edas aparec\u00eda profusamente anunciado o recital para o venres 26, \u00e1s 7 da tarde.<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">&nbsp;<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">E o \u00e9xito de asistencia foi manifesto. Penso que non esaxero moito se digo que hab\u00eda perto de 2.000 persoas; todos eran, menos tres ou catro, estudiantes. De entre os profes, claro, Carlos Alonso del Real e Jos\u00e9 Antonio Gonz\u00e1lez Casanova. O p\u00fablico ocupaba non s\u00f3 os asentos sen\u00f3n tam\u00e9n ata o \u00faltimo cent\u00edmetro cadrado que hab\u00eda de pasillo, de hoco de ventana,&#8230;, s\u00f3 non hab\u00eda xente nas l\u00e1mpadas.<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">&nbsp;<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">Con un \u00fanico micr\u00f3fono daqueles \u201cde pataca\u201d por todo despliegue t\u00e9cnico e co mesmo equipo que o profesor de turno usaba naquela aula, o recital deu comezo, logo dunha intervenci\u00f3n chea de ganas e de medo por parte de Manolo Pombo (que deb\u00eda ser daquela ou delegado do \u00faltimo ano ou responsable de actividades culturais) seguiron os cantantes, un a un. Sei que fac\u00eda moit\u00edsima calor pero sei tam\u00e9n que poucas veces sent\u00edn tremer o corpo daquel xeito. Co noso mal galego al\u00e1 iamos facendo o que se pod\u00eda nas presentaci\u00f3ns. C\u00f3mpre dicir que ning\u00fan dos que al\u00ed cantamos, como a inmensa maior\u00eda dos que al\u00ed escoitaban, ti\u00f1amos no noso carnet de galegofalantes m\u00e1is de uns d\u00edas ou unhas horas. Alg\u00fan fixo aut\u00e9nticos esforzos para endereitar unha frase medianamente aceptable. Quizais iso lle deu m\u00e1is forza, m\u00e1is encanto.<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">&nbsp;<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">Al\u00ed cantamos todos coas nosas m\u00fasicas. Con letras alleas, Xavier e mais eu, e con letras propias, Xerardo, Guillermo e Vicente. Este \u00faltimo, con varias m\u00fasicas dun compa\u00f1eiro seu, Antonio Seoane (despois foi Ant\u00f3n, e xa ven&#8230;) \u00d3 Xerardo fix\u00e9ronlle repetir aquel magn\u00edfico \u201cRequiem II\u201d adicado a Luther King e a min fix\u00e9ronme o propio co \u201cFuco Bux\u00e1n\u201d, pero o intre m\u00e1is arrepiante foi cando Xavier na s\u00faa \u201cLonga Noite de Pedra\u201d ataca coa s\u00faa ben timbrada voz de bar\u00edtono os versos finais:<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">&nbsp;<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">I eu morrendo &#8230;<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">Nese instante, como se se confabularan as fadas con todos n\u00f3s, as camp\u00e1s da catedral (de novo discrepo da memoria de Vicente que di no seu libro que eran as de San Francisco, al\u00ed perto) empezan a soar, levando o comp\u00e1s<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">&nbsp;<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">Nesta longa noite de pedra &#8230;<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">\u00a1E facendo acorde coa melod\u00eda! \u00bfP\u00f3dese pedir m\u00e1is?<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">&nbsp;<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">A sa\u00edda foi ordenada, pac\u00edfica, cantando, iso si, \u201cVenceremos n\u00f3s\u201d, mentres se baixaban as escaleiras.<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">&nbsp;<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">Se tiveramos paciencia para suma-las persoas que nos \u00faltimos trinta anos aseguran que \u201cestaban al\u00ed aquel d\u00eda\u201d pasar\u00edan de 6.000 Curioso fen\u00f3meno de aritm\u00e9tica.<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">&nbsp;<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">\u00d3 d\u00eda seguinte Xavier cantando e Alfredo Conde recitando, foron actuar a Negreira nunha sala de cine, nun acto m\u00e1is ou menos improvisado por Xulio Gonz\u00e1lez, m\u00e9dico do lugar. A pesar da improvisaci\u00f3n a Garda Civil deu un b\u00f3 susto \u00f3s actuantes.<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">&nbsp;<\/div>\n<div>&nbsp;<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\"><strong>NACE \u201cVOCES CEIBES\u201d<\/strong><\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">Durante casi todo o mes de maio andivemos teimando en varias e importantes cousas e para tales menesteres nos metiamos nas catacumbas do \u201cBodeg\u00f3n\u201d do \u201cCompostela\u201d. Non estaba Guillermo que abandonou por un per\u00edodo corto de tempo o grupo para reintegrarse despois e estaba Margari\u00f1a Valderrama. Por un lado ti\u00f1\u00e1mo-lo ideario, ou mellor, as bases m\u00ednimas de traballo que deb\u00edan aglutinarnos. Estaba claro que o noso era un asunto de canci\u00f3n en galego , monoling\u00fce (non se fora repeti-lo de Serrat co \u201cLa, la, la\u201d eurovisivo) e con contido abertamente social (pobre eufemismo) Ademais non pod\u00eda ter nada de folklore, no formal, polas connotaci\u00f3ns inmediatas que aquel ti\u00f1a cos grupos de Coros y Danzas de la Secci\u00f3n Femenina de Falanje. Por outra parte estaba o asunto dos discos. EDIGSA, editora catalana na que gravara Manuel Mar\u00eda un disco de \u201cPoemas ditos coa s\u00faa voz\u201d, fermos\u00edsima, per certo, ti\u00f1a inter\u00e9s, transmitido polo poeta, en n\u00f3s, con grande contento pola nosa parte. A editora ti\u00f1a por embaixador un toledano galegofalante, cun galego traballad\u00edsimo e requintado, Manolo Conde, que trouxo de Barcelona o \u201cgran xefe\u201d Claudi Mart\u00ed. Na casa de Salvador Garc\u00eda-Boda\u00f1o realizouse o primeiro contacto cara a cara, quedando para o outono a discusi\u00f3n de contratos e gravaci\u00f3n de discos.<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">&nbsp;<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">Pero logo de deixar claros principios e maneiras, \u00bfcomo raios cham\u00e1rmonos? Estaba claro que aquelo era un grupo (no que, por certo, tam\u00e9n estaba inclu\u00eddo Alfredo Conde) e precisaba como agua de maio dun nome identificador porque o de \u201cNova Canci\u00f3n Galega\u201d era demasiado xen\u00e9rico. Estaba, ademais, o dos catal\u00e1ns con \u201cEls setze judges\u201d e dos vascos con \u201cEz dok amairu\u201d e aqu\u00ed non pod\u00eda ser menos. Vicente propu\u00f1a nomes m\u00e1is ou menos provocadores ou inveros\u00edmiles que non recordo e os demais non aportabamos moito. \u00d3 fin Xavier deu coa clave \u00a1\u201dVoces Ceibes\u201d! Ademais soaba ben e significaba moito. Ve\u00f1a, aprobado; e ata hoxe. Bueno, ata decembro do 74<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">&nbsp;<\/div>\n<div>&nbsp;<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\"><strong>PRIMEIRA DETENCI\u00d3N, PRIMEIRA MULTA<\/strong><\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">No mes de xullo ti\u00f1a d\u00faas convocatorias seguidas: unha o 17 no \u201cSilos Club\u201d de Pontevedra (sala de festas \u00f3 ar libre, hoxe desaparecida) para participar como convidado e xurado no \u201cFestival Galego da Canci\u00f3n Moderna\u201d, invento que argallara Xulio Pardellas cos seus colegas e outra o 18 que, co t\u00edtulo de \u201cD\u00eda da Xuventude\u201d, organizaba a Xuventude Rural Cat\u00f3lica da Di\u00f3cesis de Santiago en Ribadumia.<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">&nbsp;<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">\u00d3 d\u00eda 17, pola tarde, fomos chegando os membros do xurado, entre eles Xos\u00e9 Lu\u00eds M\u00e9ndez Ferr\u00edn, que deber\u00eda dilucidar sobre as canci\u00f3ns que se presentaban naquel incrible \u201cFestival Galego da Canci\u00f3n Moderna\u201d que non pretend\u00eda, segundo explicaci\u00f3ns dos organizadores, m\u00e1is que ser un pequeno \u201cimpulso\u201d para aqueles que empezaban. Polo tanto, a min cham\u00e1baseme como \u201cconsagrado\u201d para avalar e esas cousas e, de paso, que cantara. Cantar, cantei, a pesar de que, na interpretaci\u00f3n do pobri\u00f1o do \u201cFuco Bux\u00e1n\u201d tivera a un par de individuos, de gris, claro, que con xestos m\u00e1is que evidentes trataban desde os laterais, tapados do p\u00fablico polas cortinas, de evitar que eu seguira cantando. Cando rematei o \u201ctema\u201d como puiden expliquei, tam\u00e9n como puiden, que uns \u201cse\u00f1ores\u201d pretend\u00edan impedirme cantar. \u201cSe non queres caldo, d\u00faas cuncas\u201d. O p\u00fablico, para que contar; e eles, con m\u00e1is medo ca min, entran no escenario e &#8230; directo para o calabozo.<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">&nbsp;<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">Surrealismo e esperpento d\u00e9ronse cita aquela noite para evidencia-lo que era clar\u00edsimo: eu sobr\u00e1balles al\u00ed, queim\u00e1balles a mi\u00f1a presencia e non sab\u00edan que facer conmigo. E pola ma\u00f1\u00e1n, estaba almorzando nunha praza de Pontevedra co abano de peri\u00f3dicos de Galicia que sacaban a noticia. O 23 de xullo o Gobernador Civil comunicoume a multa de MIL PESETAS, daquela eran cartos, por \u201cinterpretar canciones prohibidas&#8230; y dirigir frases subversivas a los asistentes &#8230;\u201d<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">&nbsp;<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">O de Ribadumia \u00eda contar coa presencia (con misa e homil\u00eda) do Sr.Cardeal (daquela Don Fernando Quiroga Palacios con quen ter\u00edamos un encontro \u201cvis a vis\u201d, non precisamente agradable, anos despois con motivo do \u201cXu\u00edzo dos 23 de Ferrol\u201d) que foi, misou e homiliou. E tam\u00e9n \u00eda haber un cantante de \u201cVoces Ceibes\u201d (que era eu) que deber\u00eda actuar no apartado \u201cCanci\u00f3n do atardecer\u201d. Atardecer atardeceu, pero sen canci\u00f3n. A \u201csuperioridade\u201d aconsellou \u00f3s organizadores que se retirara do programa.<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">&nbsp;<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">Tam\u00e9n nese ver\u00e1n d\u00e9mo-lo primeiro recital en Ferrol. Ser\u00eda na Sociedade Cultural e Deportiva \u201cBert\u00f3n\u201d en Caranza, a\u00ednda incipiente barrio-dormitorio dos traballadores dos asteleiros ferrol\u00e1ns. Naquel recital hab\u00eda, dentro do local, que de planta era un rect\u00e1ngulo non maior de 6&#215;10 metros sen divisi\u00f3ns, ademais do p\u00fablico (como medio cento de persoas) m\u00e1is de vinte n\u00fameros dos \u201cgrises\u201d uniformados \u00f3 mando dun oficial. A \u201cforza p\u00fablica\u201d rodeaba \u00e1 xente e n\u00f3s ti\u00f1amos s\u00f3 d\u00faas canci\u00f3ns autorizadas. Para cantar \u00e9ramos Xavier, Vicente e mais eu. Sen cort\u00e1rmonos o m\u00e1is m\u00ednimo empezou un de n\u00f3s cantando os dous temas. Rematou e seguiulle o segundo outra vez cos mesmos temas e logo o terceiro. Cando \u00edamos de novo a inicia-la ronda, o oficial, desencaixado, mandou parar aquilo inmediatamente \u201cpor subversivo\u201d.<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">&nbsp;<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">Tense repetido, casi sempre por persoas malintencionadas ou pouco reflexivas, que o noso \u201ccaldo de cultivo\u201d foron as multas e prohibici\u00f3ns. Diante desta afirmaci\u00f3n sempre contestamos e contestar\u00e9mo-lo mesmo: \u00bfQue pasar\u00eda se lle deran a \u201cVoces Ceibes\u201d as facilidades que a calquera cantante digamos \u201ccomercial\u201d ou de \u201ccanci\u00f3n lixeira\u201d (por utilizar t\u00e9rminos da \u00e9poca, tipo Juan Pardo) para actuar al\u00ed onde lle petara e sen consecuencias sancionadoras? \u00bfQue pasar\u00eda se, en vez do silencio sistem\u00e1tico dos medios de comunicaci\u00f3n (a radio daquela, por exemplo) tiveran un espacio as canci\u00f3ns producidas aqu\u00ed por n\u00f3s? \u00bfCantos posibles organizadores de recitais e outros actos culturais non se viron disuadidos de organizar nada polas posibles consecuencias negativas se levaban a \u201cVoces Ceibes\u201d? As respostas son tan rotundas que non te\u00f1en r\u00e9plica.<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">&nbsp;<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">&nbsp;<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\"><strong>BARCELONA: DISCOS, MIRO E A DEREITA CATALANA<\/strong><\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">Tal e como se acordara, en setembro fomos a Barcelona coa cabeza chea de boas intenci\u00f3ns e ganas de traballar. Viaxamos xuntos Xerardo e mais eu e xuntos pasamos unhas poucas aventuras. A primeira foi a de discuti-lo contido dos contratos. Xa quedara claro en Santiago que estes ti\u00f1an que se-los mesmos para t\u00f3dolos \u201cVoces Ceibes\u201d, que todos gravar\u00edamos e que en t\u00f3dalas portadas aparecer\u00eda o nome do grupo \u00f3 lado do do cantante respectivo. Pero logo estaba a letra pequena. Para iso foi inestimable a axuda de Raimon, con quen se carteaba daquela Xavier, e que, como \u201cgato escaldado\u201d naquelas lides, nos propu\u00f1a unha defensa cerrada do noso castelo de esencias inexpugnable. Algunhas torres quedaron en p\u00e9 pero outras caeron frente \u00f3 asedio sistem\u00e1tico dos \u201chomes da empresa\u201d. \u00d3 final gravamos, primeiro eu e logo Xerardo, nuns estudios, Gema, que ti\u00f1an unha mesa mezcladora \u00a1de catro canales!<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">&nbsp;<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">Naquela viaxe contactamos e cantamos con Miro, que vi\u00f1a de graba-lo seu primeiro disco tam\u00e9n, e entre aquela visita nosa e a que fixeron despois Xavier e m\u00e1is tarde Vicente, o Miro quedou definitivamente integrado en \u201cVoces Ceibes\u201d.<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">&nbsp;<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">&nbsp;<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\"><strong>TODOS XUNTOS: PRIMEIRA E \u00daNICA VEZ<\/strong><\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">Guillermo tam\u00e9n se reintegrara no grupo, de xeito que compr\u00eda facer un recital \u201cde altura\u201d. A Agrupaci\u00f3n Cultural \u201cO Galo\u201d de Santiago encargouse de organizar un espect\u00e1culo para o d\u00eda 1 de nadal, domingo, pola ma\u00f1\u00e1n, no Cine \u201cCapitol\u201d. Encargouse do cartel Reimundo Pati\u00f1o, que fixo o recado con mimo e a presentaci\u00f3n, nun Capitol cheo ata a bandeira foi de Manuel Mar\u00eda. Foi a primeira e \u00faltima vez que estivemos todos xuntos no escenario e te\u00f1o dese d\u00eda o recordo de moitos panfletos voando (tirados desde o piso de arriba) e moitas persoas co\u00f1ecidas de t\u00f3dolos puntos de Galicia. Estaba Alfredo Conde, Salvador Garc\u00eda-Boda\u00f1o, etc. Recordo que \u00e1 sa\u00edda, Xerardo Fern\u00e1ndez Albor, ademais de felicitar, indicou as s\u00faas preferencias de entre as canci\u00f3ns que ti\u00f1a cantado aquela ma\u00f1\u00e1n.<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">&nbsp;<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">En xaneiro do 69 actuamos en Oviedo e Gij\u00f3n. Era a primeira vez que sa\u00edamos (\u00e1 parte de Barcelona) e al\u00ed fomos Xerardo, Guillermo, Xavier e mais eu a cantar a un p\u00fablico interesad\u00edsimo no que pasaba aqu\u00ed \u00f3 lado; tan perto e tan lonxano. Universidade en Oviedo, con promotores como Mari Maseda e Moncho Neira, e p\u00fablico de Centro Galego en Gij\u00f3n. O esquema de funcionamento \u00eda ser sempre o mesmo: cada vez que un ou varios dos membros de \u201cVoces Ceibes\u201d actuase, anunci\u00e1base co nome do grupo, independentemente de quen fora (a\u00ednda que se pod\u00eda especificar) Na actuaci\u00f3n en si, todos estabamos sentados no escenario e, un a un, iamos sa\u00edndo para cantar alternativamente.<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">&nbsp;<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">&nbsp;<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\"><strong>TEMPO DE SEQU\u00cdA<\/strong><\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">A lista das actuaci\u00f3ns autorizadas vai disminu\u00edndo sospeitosamente para engordar a das prohibici\u00f3ns e das actuaci\u00f3ns a \u201csalto de mata\u201d nas que, sen permiso previo, e expo\u00f1\u00e9ndose \u00f3 que fora, cant\u00e1base onde e cando se pod\u00eda. Cantamos en Colexios Maiores, en Residencias ou en iglesias. Empezamos a ser requeridos nalgunhas das pouqu\u00edsimas Asociaci\u00f3ns Culturais que hab\u00eda e que se atrev\u00edan a facer unha actuaci\u00f3n salvaxe. Parec\u00eda como se cos discos no mercado as dificultades fosen maiores que antes. Non parece que a isto foran alleos o titular do Ministerio de Informaci\u00f3n y Turismo , Fraga Iribarne e o seu \u201csegundo\u201d P\u00edo Cabanillas. A xogada era boa: por un lado amordaz\u00e1base a canci\u00f3n operante de \u201cVoces Ceibes\u201d mentres por outro potenci\u00e1base a \u201calternativa Juan Pardo\u201d e adl\u00e1teres .<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">&nbsp;<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">A finais dese ano fun chamado a filas e \u00a1adi\u00f3s canci\u00f3n!, polo menos para min. E \u00f3s de aqu\u00ed, polo que narra Vicente, non lles foi al\u00e1 moi ben. Miro segu\u00eda en Barcelona, Xavier e Guillermo dicen \u201cadeus\u201d ese mesmo ano e o \u201cChuspe\u201d (Xaime Barreiro) entra e sae do grupo coa velocidade do raio.<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">&nbsp;<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">As mobilizaci\u00f3ns contra o Consello de Guerra de Burgos e as pen\u00faltimas sentencias de morte do franquismo (decembro do 70) foron especialmente fortes en Madrid, onde remataba a mili en xaneiro do 71. A partir de ah\u00ed son chamado a colaborar cos cantantes do grupo de \u201cCanci\u00f3n del Pueblo\u201d de Madrid onde estaban Elisa Serna, Adolfo Celdr\u00e1n, Hilario Camacho, etc. e cos que actuaba de \u201canimador\u201d o periodista Antonio G\u00f3mez, quen pasear\u00eda coa \u201cCasta\u00f1uela 70\u201d de \u201cLas Madres del Cordero\u201d por toda Espa\u00f1a .<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">&nbsp;<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">Mentres, o grupo \u00eda cambiando algunhas caras. Moscoso, que traballaba nunha cl\u00ednica en Pontevedra, introduc\u00eda en \u201cVoces Ceibes\u201d a Suso Vaamonde, con quen non recordo ter cantado algunhas veces e Vicente Araguas fac\u00eda o propio con Bibiano, incorporaci\u00f3n esta procedente do singular mundo dos grupos de \u201cpop-rock\u201d do momento.<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">&nbsp;<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">Nunha reuni\u00f3n celebrada en Santiago, no \u201cGaiola\u201d, coa presencia de Xerardo, Vicente e Bibiano, indic\u00f3useme que ti\u00f1a que vir para Galicia se pretend\u00eda seguir formando parte de \u201cVoces Ceibes\u201d. Levantei a casa que ti\u00f1a nos madriles e os proxectos que ti\u00f1a al\u00e1 e vi\u00f1en para ac\u00f3. Iso si que era \u201ctodo po-la patria\u201d e o demais son pamplinas.<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">&nbsp;<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">Desta segunda estad\u00eda en Madrid, te\u00f1o necesariamente que facer menci\u00f3n do descubrimento dun amigo, o \u201cMa\u00f1as\u201d (home bondados\u00edsimo, \u00bfque ser\u00eda del?) quen nun \u00e1tico \u00ednfimo no Madrid dos Austrias onde viv\u00eda, me fixo escoitar un disco dun \u201ctipo estrano\u201d, portugu\u00e9s. O disco era \u201cTraz outro amigo tamb\u00eam\u201d e o \u201ctipo estrano\u201d, Xos\u00e9 Afonso.<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">&nbsp;<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">En xullo, xa instalado ac\u00e1 definitivamente, tiven oportunidade de estrear pasaporte e aproveitei para facer pinitos por ah\u00ed f\u00f3ra. Tiven ocasi\u00f3n de co\u00f1ecer xentes no exilio socialista en Toulouse onde cantei e outras do mundo da radio en Holanda, onde tam\u00e9n cantei.<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">&nbsp;<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">No 72 \u00edan pasar cousas moi importantes, un fito \u00e1 altura, noutro orden de cousas, do 68.<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">&nbsp;<\/div>\n<div>&nbsp;<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\"><strong>10 MARZO, FERROL E MIL\u00c1N<\/strong><\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">Para empezar, fumos chamados a prepara-la parte galega da \u201cExposici\u00f3n de Arte Contempor\u00e1neo\u201d que, en solidariedade co movemento obreiro espa\u00f1ol antifranquista, se celebrar\u00eda do 10 de marzo \u00f3 20 de abril en Italia. Trat\u00e1base de reunir, e abof\u00e9 que foi as\u00ed, co \u201cmascar\u00f3n de proa\u201d de Picasso e Joan Mir\u00f3, unha parte importante das artes pl\u00e1sticas dos artistas comprometidos m\u00e1is notables. Paralelamente ir\u00eda a poes\u00eda, baixo a tutela de Rafael Alberti e a canci\u00f3n belixerante do momento onde estar\u00eda un pequeno grupo.<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">&nbsp;<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">Os pl\u00e1sticos galegos non se fixeron de rogar e comprometeron obra, importante, Xos\u00e9 Lu\u00eds de Dios, Virxilio Fern\u00e1ndez, Xulio Maside, Acisclo Manzano, Reimundo Pati\u00f1o, Agust\u00edn P\u00e9rez-Bellas, Xaime Quessada e Mercedes Ruibal. Todo foi transportado, xunto con outros centos de obras que sa\u00edron do pa\u00eds, en vag\u00f3ns \u201ccamuflados\u201d polos ferroviarios, coa complicidade, claro, dos colegas franceses e italianos. Aquel acontecemento, impulsado por CC.OO. e co apoio solidario dos sindicatos italianos CGIL, CSIL e UIL e a CGT francesa, tivo como marco os inmensos sal\u00f3ns do Palacio das Cari\u00e1tides \u00f3 p\u00e9 do Duomo de Mil\u00e1n.<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">&nbsp;<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">Ning\u00fan de n\u00f3s (Bibiano e mais eu cheg\u00e1bamos al\u00ed o d\u00eda 10) pod\u00eda imaxina-lo que estaba a pasar en Ferrol. A consternaci\u00f3n, m\u00e1xime coa encomenda que lev\u00e1bamos, era total. \u00d3s primeiros momentos de confusi\u00f3n e desconcerto seguiu un compromiso a\u00ednda m\u00e1is evidente para da-lo \u201cdo de peito\u201d. E traballamos arreo naqueles d\u00edas, xunto con Xerardo Moscoso, Elisa Serna e Julia Le\u00f3n.<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">&nbsp;<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">\u00c1 volta, xa est\u00e1bamos advertidos, era m\u00e1is que probable que recib\u00edramos algunha \u201cvisita\u201d inoportuna. Efectivamente, \u00f3s dous d\u00edas de chegar xa ti\u00f1a a luz azul intermitente \u00e1 porta da casa. Acomp\u00e1\u00f1anos. E m\u00e9tenme no coche. A verdade \u00e9 que aquel subcomisario, Armas, sempre segund\u00f3n do poderoso e c\u00ednico Armada, non daba moito medo, ou non ti\u00f1a outras instrucci\u00f3ns m\u00e1is que as de, unha vez m\u00e1is, deixar claro que \u201caqu\u00ed se sabe todo\u201d , prometer unha chea de \u201chostias\u201d e cerrar con \u201cya ver\u00e1s como cuando lleguen los tuyos quieres ser comisario de pueblo\u201d . A alg\u00fans o subsconsciente x\u00f3galles malas pasadas \u00bfnon?<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">&nbsp;<\/div>\n<div>&nbsp;<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\"><strong>XOS\u00c9 AFONSO, CAP\u00cdTULO APARTE<\/strong><\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">A\u00ednda houbo tempo antes de rematar abril para chamar a Porto, a Discos Orfeu a pregunta-lo enderezo do Zeca Afonso, colle-lo coche e plantarnos na sala da s\u00faa casa. Por fin ti\u00f1a diante de min a aquel \u201ctipo estrano\u201d que tanto teimara por co\u00f1ecer. \u00a1Ah! Pero el non nos co\u00f1ec\u00eda a ning\u00fan dos catro galegos que ti\u00f1a diante del. E non era para andarse de co\u00f1as; a PIDE (Polic\u00eda pol\u00edtica de Salazar) rondaba a casa e calquera pod\u00eda ser PIDE. Ademais estaba o do idioma. E vo\u00e7\u00eas, \u00bfs\u00e3o mesmo galegos da Galiza? E logo, \u00bff\u00e1lase mesmo assim l\u00e1 cima? E as\u00ed d\u00faas horas de duro \u201csondeo\u201d ata que, atando cabos, entendeu que \u00e9ramos \u201cgalegos da Galiza\u201d e non PIDES. Despois foron outras d\u00faas horas de conversa compulsiva e emocionada de quen acaba de albiscar un oc\u00e9ano do outro lado da serra. E dous anos de casi continuo ir e vir estar aqu\u00ed e estar al\u00e1, convivir traballar, cantar, aprender moito a cambio de casi nada. \u00a1Gracias amigo \u201cMa\u00f1as\u201d por facerme o\u00edr, no teu m\u00ednimo \u00e1tico do Madrid dos Austrias aquel inesquecible Traz outro amigo tamb\u00eam !<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">&nbsp;<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">Primeiro en Galicia (xa o 8, 9 e 10 de maio) Despois, Asturias, Par\u00eds, Bruxelas (cantando con Bibiano debaixo do Atomium no ano 72, \u00a1casi n\u00e1! ) Pero podo asegurar que o p\u00fablico, \u00e1s horas que nos tocou tocar, estaba m\u00e1is interesado en botar unha \u201csoneca\u201d que en escoitarnos a n\u00f3s.<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">&nbsp;<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">Vicente estaba agora de profesor en Glasgow, e iniciamos Bibiano e mais eu unha serie de xiras (penso que foron 3 en total) por moitos lugares da emigraci\u00f3n galega en Su\u00edza.<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">&nbsp;<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">O 73 colle a Bibiano na \u201cmili\u201d en Madrid, Moscoso fixera \u201cabur\u201d para Su\u00edza e quedo m\u00e1is solo que a unha. Aproveito para ir aprender algo de ingl\u00e9s al\u00e1 cos nativos mentres paso brillo \u00f3s platos e mesas dun griego emprendedor por terras de Dick Turpin, en York, onde estaba Xaqu\u00edn \u00c1lvarez Corbacho preparando o seu \u201cmaster\u201d . Dun salti\u00f1o vexo \u00f3 Araguas en Londres e o levo naquel Dyane-6 tolo que ti\u00f1a a Glasgow.<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">&nbsp;<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">De novo Portugal, Asturias, e Madrid. Todo con Xos\u00e9 Afonso. Desa \u00e9poca \u00e9 a gravaci\u00f3n do seu L.P. \u201cEu vou ser como a toupeira\u201d , en Madrid, onde n\u00f3s, Maite e m\u00e1is eu, tivemos unha participaci\u00f3n moi grata.<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">&nbsp;<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">E o 25 de abril. Para que logo digan. Esta xente, que non ti\u00f1an nin para un micro nun pabell\u00f3n de deportes, te\u00f1en para comprar de saldo un xeneral con mon\u00f3culo; os presos na r\u00faa e os PIDES na trena . E os amigos, periodistas, m\u00fasicos, escritores, etc., empezan a aparecer dirixindo peri\u00f3dicos, revistas, compa\u00f1\u00edas de teatro, grupos de baile. E o Zeca que delira. \u00a1\u00c9 incrible! Pero \u00e9 verdade: a libertade est\u00e1 al\u00ed, daquel lado do r\u00edo&#8230;<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">&nbsp;<\/div>\n<div>&nbsp;<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\"><strong>DE \u201cVOCES CEIBES\u201d \u00d3 M.P.C.G.<\/strong><\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">En xuntanza que re\u00fane a Vicente Araguas, Bibiano e a min dase por \u201cfiniquitado\u201d o grupo formalmente no final do ano 74. Pero \u00a1teimudos que somos! Un mes antes inici\u00e1ramo-la constituci\u00f3n do \u201cMovemento Popular da Canci\u00f3n Galega\u201d que, baixo uns principios moito m\u00e1is \u201ctransixentes\u201d que os de \u201cVoces Ceibes\u201d, agrupou xentes tan variopintas como \u201cFaiscas do Xiabre\u201d, Pilocha, Ant\u00f3n Seoane e Rodrigo Roman\u00ed, Quintas Canella, Xurxo Mares, Xos\u00e9 Manuel, Emilio Cao, Jei Noguerol, Miro, Luis Emilio Batall\u00e1n, \u201cRa\u00edces da Terra\u201d, Bibiano e Benedicto. A primeira e \u00fanica gran ocasi\u00f3n foi o recital dado no Pabell\u00f3n do Obradoiro de Santiago o 2 de marzo do 75 que congregou a m\u00e1is de 5.000 persoas con ganas de canci\u00f3n.<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">&nbsp;<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">Ese ano, o 20-N, todos dormimos m\u00e1is esperanzados.<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">&nbsp;<\/div>\n<div>&nbsp;<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\"><strong>A CHAMADA TRANSICI\u00d3N<\/strong><\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">Comeza formalmente para t\u00f3dolos historiadores, coa morte do xeneral, a chamada Transici\u00f3n democr\u00e1tica: paso da dictadura a un sistema de libertades que, no \u00e1mbito que nos ocupa, tivo os seus m\u00e1is e os menos. Padeceu a canci\u00f3n, como outros xeitos de expresi\u00f3n, o que se deu en chamar os \u201ccoletazos do franquismo\u201d. Coletazos que non eran m\u00e1is que a resistencia, a vida ou morte, da m\u00e1quina enferruxada que nos deixou en herencia o ferrol\u00e1n. Por unha banda, a canci\u00f3n, arroupada cada d\u00eda por m\u00e1is milleiros de seguidores; pola outra, o sistema que prohib\u00eda, censuraba e multaba.<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">&nbsp;<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">O primeiro \u201cbombazo\u201d foi o \u201c1\u00ba Festival dos Pobos Ib\u00e9ricos\u201d. A f\u00f3rmula, moitas veces despois repetida consist\u00eda en buscar un cartel o m\u00e1is amplo posible de cantores nun local, aberto ou pechado, no que poidera congregarse a meirande cantidade posible de p\u00fablico. No anfiteatro natural da Aut\u00f3noma de Madrid cab\u00edan, e abof\u00e9 que as hab\u00eda, unhas 40.000 persoas. E como se foran coidadores do redil, un cord\u00f3n de grises e tricornios rodeando o lugar: a p\u00e9, a cabalo, en tanquetas e en helic\u00f3ptero, que recib\u00eda os pertinentes asub\u00edos do respetable cada vez que asomaba o fuci\u00f1o.<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">&nbsp;<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">Como aquelo funcionou mellor que ben, rapidamente se prepararon outros eventos similares noutras cidades con resultados variopintos: por exemplo, en Pamplona xa non se chegou a celebrar o que estaba previsto na Ciudadela e en Valencia, no estadio do Molin\u00f3n, ateigado de p\u00fablico, fomos amablemente invitados polas porras a abandona-lo lugar.<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">&nbsp;<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">En Galicia tivemos unha mostra que quedou gardada para a posteridade, polo menos na s\u00faa dimensi\u00f3n sonora: o 25 de xu\u00f1o celebrouse unha \u201cHomenaxe a Santiago \u00c1lvarez\u201d, a la saz\u00f3n na prisi\u00f3n de Carabanchel, xunto con Santiago Carrillo e outros dirixentes comunistas. O recital era no Pabell\u00f3n de Deportes e ademais dos espectadores que ench\u00edan as gradas e boa parte do patio de butacas, hab\u00eda un cord\u00f3n de uniformados que non pagaran entrada e que rodeaban, esta vez sen cabalos, a t\u00f3dolos asistentes. Nun momento do acto, logo dos consabidos berros de \u201camnist\u00eda e libert\u00e1\u201d , un mozo sae de entre o p\u00fablico das gradas cunha bandeira, non lembro se roxa ou tricolor, e inicia unha carreira cara o escenario onde Bibiano e m\u00e1is eu manti\u00f1amos un acorde r\u00edtmico coas guitarras en espera de inicia-lo canto de \u201cAmador e Daniel\u201d. Os polic\u00edas de paisano preparados no patio de butacas l\u00e1nzanse sobre o rapaz. Nese instante o grader\u00edo vense abaixo de berros e asub\u00edos. Os polis desisten e o rapaz coloca a bandeira no escenario. N\u00f3s segu\u00edmo-la cantarela, logo doutra tanda de berros.<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">&nbsp;<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">A racha prohibidora chega ata ben entrado o ano 77 d\u00e1ndose xustamente un r\u00e9cord nese tempo: de 12 recitais para os que se solicitara permiso nos meses de xaneiro, febreiro e marzo dese ano, s\u00f3 o concederan \u00a1para 4! \u00e9 dicir, o 75 % de prohibici\u00f3ns.<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">&nbsp;<\/div>\n<div>&nbsp;<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\"><strong>A \u201cNORMALIDADE\u201d<\/strong><\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">Ese ano in\u00edciase a \u201cnormalidade\u201d profesional coa grabaci\u00f3n dos primeiros discos L.P. e contin\u00faa cunha moi intensa actividade canora, moi importante no que se refire \u00e1 presencia f\u00f3ra de Galicia da canci\u00f3n galega. Catalu\u00f1a, Navarra, Pa\u00eds Basco, Valencia son destinos habituais e tam\u00e9n Italia, Francia, B\u00e9lxica ou Venezuela reciben a visita dalg\u00fan de n\u00f3s.<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">&nbsp;<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">E como t\u00f3dalas situaci\u00f3ns ou actividades m\u00e1is ou menos normalizadas, a de cantor galego tam\u00e9n tivo os seus remates. Por agotamento, por outras perspectivas, nalg\u00fan momento por desencanto ou por incomprensi\u00f3n, o forno dos nosos bolos quedou no inicio dos 80 definitivamente pechado.<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">&nbsp;<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">Se se fala do 23-F como remate formal da transici\u00f3n, a este menda pescoulle falando en Ribeira sobre instrumentos de m\u00fasica en Galicia a un animoso grupo de entusiastas que al\u00ed me levaron.<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">&nbsp;<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">&nbsp;<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\"><strong>FINALE MA NON TROPPO<\/strong><\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">En tempos en que tantos \u201caprendices de bruxo\u201d hai, \u00f3s que lles encanta o de \u201ctodo vale\u201d e, polo tanto, fan a cot\u00edo totum revolutum na historia da canci\u00f3n galega, non est\u00e1 de m\u00e1is botar unha ollada serena para atr\u00e1s de verdade. Iso pretend\u00edn con estas notas, absolutamente subxectivas e apaixoadas ata o tormento e das que o \u00fanico responsable \u00e9 quen isto escribe, que exerce lib\u00e9rrimo o dereito da memoria conscientemente selectiva e neur\u00f3ticamente teimuda.<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">&nbsp;<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">\u00d3s que seguen a pensar que todo vale e que todo \u00e9 o mesmo d\u00edgolles que \u00a1que se lle vai facer! Alg\u00fans seguiremos estando deste lado da raia por moito que outros, gur\u00fas de aldea, sigan empe\u00f1ados en despintala.<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">&nbsp;<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">Para aqueles exploradores da historia que queiran reescribila sen refacela, e poder facer isto sen o peso da propia vivencia, est\u00e1n abertas as carpetas, os arquivos dos papeis e da memoria.<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">&nbsp;<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">A t\u00f3dolos interesados no tema recomendo vivamente, de novo, a lectura placentera e divertida do libro de Vicente Araguas, \u201cVoces Ceibes\u201d, editado por Edici\u00f3ns Xerais.<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">&nbsp;<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">E os m\u00e1is novos que, sen saber moi ben como, descubran un inter\u00e9s nisto, que saiban que os que participamos nesta gran aventura non o fixemos at\u00e1ndonos a nada nin a ningu\u00e9n. Limit\u00e1monos a ser \u201cdun tempo e dun pa\u00eds\u201d.<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">&nbsp;<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">&nbsp;<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">Santiago, maio de 2001<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">Benedito Garc\u00eda Villar<\/div>\t\t\t\t\t\t<\/div>\n\t\t\t\t<\/div>\n\t\t\t\t\t<\/div>\n\t\t<\/div>\n\t\t\t\t\t\t\t<\/div>\n\t\t<\/section>\n\t\t\t\t\t\t<\/div>\n\t\t\t\t\t<\/div>\n\t\t","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>COMEZO EN MADRID Para ser m\u00ednimamente rigoroso coa historia haber\u00eda que empezar por dicir que esta parte desta historia empezou al\u00e1 polos meses de febreiro-marzo do ano 67. Con m\u00e1is pena que gloria estaba eu tratando de levar con algo de dignidade acad\u00e9mica o 2\u00ba ano do 2\u00ba curso de telecomunicaci\u00f3ns (que era as\u00ed, con [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":5,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[118,108],"tags":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/aja.pt\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6969"}],"collection":[{"href":"https:\/\/aja.pt\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/aja.pt\/en\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/aja.pt\/en\/wp-json\/wp\/v2\/users\/5"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/aja.pt\/en\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6969"}],"version-history":[{"count":10,"href":"https:\/\/aja.pt\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6969\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":41747,"href":"https:\/\/aja.pt\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6969\/revisions\/41747"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/aja.pt\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6969"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/aja.pt\/en\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6969"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/aja.pt\/en\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6969"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}