{"id":14577,"date":"2012-05-07T16:47:10","date_gmt":"2012-05-07T15:47:10","guid":{"rendered":"https:\/\/aja.pt\/?p=14577"},"modified":"2021-12-17T11:37:35","modified_gmt":"2021-12-17T11:37:35","slug":"testemuna-da-primeira-xira-de-zeca-afonso-na-galiza","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/aja.pt\/en\/testemuna-da-primeira-xira-de-zeca-afonso-na-galiza\/","title":{"rendered":"Testemu\u00f1a da primeira xira de Zeca Afonso na Galiza"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"https:\/\/aja.pt\/wp-content\/uploads\/media-archive\/2012\/05\/zeca-e-benedicto.jpg\"><img loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-full wp-image-14578\" title=\"zeca e benedicto\" src=\"https:\/\/aja.pt\/wp-content\/uploads\/media-archive\/2012\/05\/zeca-e-benedicto.jpg\" alt=\"\" width=\"477\" height=\"352\" \/><\/a><br \/>\n<strong>Jos\u00e9 Afonso e Benedicto Garcia Villar<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">O 8 de maio de 1972, \u00e1s 12 da ma\u00f1\u00e1, estabamos Benedicto, Maite e eu agardando puntualmente na Librer\u00eda Tanco de Ourense, aquela librer\u00eda que a hospitalidade cultural e pol\u00edtica do seu dono Carlos V\u00e1zquez convert\u00eda en casa de acollida para todas as boas causas.<br \/>\nEu estaba nunha impaciente espera, pois Benedicto e Maite xa estiveran na s\u00faa casa en Set\u00fabal, pero eu non os co\u00f1ec\u00eda persoalmente. Co\u00f1ec\u00eda, e de non moito tempo, a s\u00faa m\u00fasica, que me entusiasmara, e pensar que o home capaz de cantar aquelas cousas ia logo aparecer en persoa, parec\u00edame un so\u00f1o, que de pronto se materializou ao apareceren as persoas que esper\u00e1bamos, Jos\u00e9 Afonso e Z\u00e9lia.<br \/>\nDic\u00eda Vinicius de Moraes que \u201ca gente n\u00e3o faz amigos, reconhece-os\u201d, e iso foi o que aconteceu, pois aquel dia reco\u00f1ec\u00edn un grande par de amigos.<br \/>\nLogo de comer, \u00f3s m\u00fasicos urx\u00edalles ensaiar, pois Benedicto ia acompa\u00f1ar o Zeca \u00e1 guitarra, e nunca ti\u00f1an tocado xuntos. Pediron hospitalidade \u00f3 escultor Acisclo Manzano e, na s\u00faa casa, puideron comezar unha colaboraci\u00f3n musical que ia durar anos.<br \/>\nO concerto foi no Ateneo de Ourense, e entre o p\u00fablico que ench\u00eda a sala, estaban o escritor Eduardo Blanco Amor, os artistas Acisclo, xa citado, e Xaime Quessada, e o m\u00e9dico Manuel Pe\u00f1a Rey, entre outros. O concerto correu moi ben, e \u00f3 fin todos aqueles amigos manifest\u00e1ronnos a s\u00faa sorpresa por escoitar a aquele cantor tan bo e, para eles, tan desco\u00f1ecido. Para m\u00e1is detalles, p\u00f3dese consultar o libro de memorias de Benedicto \u201cSonata de amigos\u201d (Xerais, Vigo, 2008), tendo en conta que o Bene comete a pequena imprecisi\u00f3n de situar no d\u00eda 9 o que realmente sucedeu o 8, e de a\u00ed salta para o 10 en Santiago, com\u00e9ndose o concerto de Lugo.<br \/>\n\u00d3 dia seguinte, 9 de maio, por tanto, est\u00e1bamos en Lugo para celebrar o segundo concerto da xira, esta vez no C\u00edrculo das Artes, no sal\u00f3n grande, que non estaba nin medio cheo porque a publicidade fora moi mala. O noso querido amigo Lu\u00eds Mac\u00eda \u201cPap\u00eds\u201d, fora o encargado de facer a xesti\u00f3n no diario local El Progreso para que publicaran unha nota de anuncio para o acto, m\u00e9todo gratu\u00edto e normalmente suficiente para un acto cultural, pois na altura celebr\u00e1base tan pouca cousa que cando hab\u00eda algo asist\u00eda toda a xente que ti\u00f1a un m\u00ednimo de interese por estas cousas. Pero aquel d\u00eda El Progreso s\u00f3 publicou unha nota m\u00ednima e escondida, na que anunciaba un recital de m\u00fasica galaico-portuguesa, co que moita xente debeu de pensar que se trataba de m\u00fasica medieval. O resultado foi que a diferenza de Ourense, onde hab\u00eda unha sala mediana chea, en Lugo hab\u00eda un sal\u00f3n grande medio baldeiro. Con todo o concerto correu ben, a xente, como non pod\u00eda ser de outra forma, tam\u00e9n quedou encantada. Como curiosidade direi que foi a \u00fanica vez que lle escoitei cantar en p\u00fablico a canci\u00f3n Menino d\u2019oiro. Entre os asistentes estaba Xes\u00fas Alonso Montero, con quen logo ir\u00edamos cear, e que tam\u00e9n aqu\u00ed comezou unha fonda amizade co Zeca.<br \/>\nE por fin o dia 10 estamos en Santiago, no Burgo das Naci\u00f3ns, daquela sede da Facultade de Econ\u00f3micas. Remito tam\u00e9n agora para o libro do Benedicto, que fai unha detallada descrici\u00f3n do multitudinario recital, no que, como \u00e9 sabido, por primeira vez o Zeca cantou \u201cGr\u00e2ndola vila morena\u201d en p\u00fablico. S\u00f3 quero engadir d\u00faas cousas: unha \u00e9 que \u00f3 d\u00eda seguinte viaxei co Zeca e a Z\u00e9lia no seu coche para Portugal, e fun testemu\u00f1a do entusiasmo con que o Zeca contaba o concerto de Santiago \u00f3s seus amigos de Lisboa e Set\u00fabal. Nunca ti\u00f1a vivido unha experiencia semellante. A outra \u00e9 que no ver\u00e1n de 1973, estando eu de visita, acompa\u00f1einos a Melides, unha pequena vila costeira onde pretend\u00edan alugar unha casa para as vacaci\u00f3ns, e por casualidade cadrou de pararmos a comer en Gr\u00e2ndola. Mentres o resto da xente fac\u00eda tertulia co caf\u00e9, o Zeca acenoume para irmos pasear, e fomos ver a sede da Sociedade Musical Fraternidade Oper\u00e1ria Grandolense, naquela altura pechada pola PIDE (polic\u00eda pol\u00edtica), o lugar onde co\u00f1ecera a xente que lle inspirou a canci\u00f3n (em cada esquina um amigo, em cada rosto igualdade&#8230;), e comprend\u00edn por qu\u00e9 unha canci\u00f3n que nunca cantara en p\u00fablico sen embargo foina cantar a Santiago: porque volveu a encontrar aquel ambiente de solidariedade e fraternidade que o inspiraran en Gr\u00e2ndola, e que contribu\u00edu de xeito decisivo para a profunda relaci\u00f3n que axi\u00f1a o ligou a Galicia e aos galegos.<br \/>\nAproveito a ocasi\u00f3n para aclarar unha lenda urbana que te\u00f1o escoitado, referente \u00f3 disco Venham mais cinco, que comeza co d\u00edstico:<\/p>\n<p>A garrafa vazia<br \/>\nde Manuel Maria<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Segundo este bulo \u00e9 unha referencia a unha botella de augardente que lle regalara \u00f3 Zeca e ao equipo de m\u00fasicos, de viaxe para gravar o disco, Manuel Mar\u00eda Fern\u00e1ndez Teixeiro, o poeta da Terra Ch\u00e1. Pois ben, podo afirmar que en outubro de 1973, data de gravaci\u00f3n do disco, e pouco m\u00e1is dun ano despois de comezar a s\u00faa fecunda relaci\u00f3n con Galicia, o Zeca e o Manuel Mar\u00eda non se co\u00f1ec\u00edan, e ignoro si se co\u00f1eceron m\u00e1is tarde, pero ata o 25 de abril (de 1974), tiven o pracer e o privilexio de acompa\u00f1ar \u00f3 Zeca as tres veces que nese per\u00edodo visitou Galicia (esta de 1972, marzo do 73 e poucos d\u00edas antes do 25 de abril), falamos horas e horas en longos paseos por Santiago, e nunca mencionou a Manuel Mar\u00eda. Por outra parte, o avi\u00f3n de Lisboa a Par\u00eds, onde se gravou o disco, non fac\u00eda escala en Monforte de Lemos&#8230;<br \/>\nPara o Zeca \u201cManuel Mar\u00eda\u201d, de ser unha referencia a unha persoa concreta, ser\u00eda ao gran poeta setubalense do s\u00e9culo XVIII Manuel Mar\u00eda Barbosa du Bocage. Lembro que no meu primeiro viaxe a aquelas terras, non ben chegamos a Set\u00fabal, en canto subimos a equipaxe, levoume a co\u00f1ecer a casa do poeta sadino, por quen sent\u00eda unha grande admiraci\u00f3n.<\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/www.sermosgaliza.com\/artigo\/ao-vivo\/testemuna-da-primeira-xira-de-zeca-afonso-na-galiza\/20120504153004000854.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Arturo Reguera | Sermos Galiza<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Jos\u00e9 Afonso e Benedicto Garcia Villar O 8 de maio de 1972, \u00e1s 12 da ma\u00f1\u00e1, estabamos Benedicto, Maite e eu agardando puntualmente na Librer\u00eda Tanco de Ourense, aquela librer\u00eda que a hospitalidade cultural e pol\u00edtica do seu dono Carlos V\u00e1zquez convert\u00eda en casa de acollida para todas as boas causas. Eu estaba nunha impaciente [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":5,"featured_media":14578,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[300,118,108,77],"tags":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/aja.pt\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/14577"}],"collection":[{"href":"https:\/\/aja.pt\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/aja.pt\/en\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/aja.pt\/en\/wp-json\/wp\/v2\/users\/5"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/aja.pt\/en\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=14577"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/aja.pt\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/14577\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/aja.pt\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media\/14578"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/aja.pt\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=14577"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/aja.pt\/en\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=14577"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/aja.pt\/en\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=14577"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}