A FUNDACIÓN 10 DE MARZO e EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA comprácense en convidalo/a á presentación do libro: ”SONATA DE AMIGOS” de Benedicto García Villar.O acto, que contará coa participación de Emilio Pérez Touriño (Presidente da Xunta de Galicia), Víctor Santidrián (Director da Fundación 10 de marzo), Manuel Bragado (Director de Xerais), Benedicto García Villar (autor) e a intervención musical de Marcos Teira, terá lugar o venres, 12 de decembro, ás 19,30 h. no Salón de Actos da Fundación Caixa Galicia, Rúa do Vilar, 19 de Santiago.